29 abr 2010

O DÍA DO LIBRO

O 23 DE ABRIL foi o DÍA DO LIBRO, a continuación contanos Alex de 6º como o celebramos no colexio.
Sonou o timbre, todo o colexio saiu ao patio, todos tiñamos un libro e puxémonos a ler. Eu estaba lendo “EL EQUIPO TIGRE EN EL TEMPLO DE LOS TRUENOS”, trata dun capitán chamado Samuel Boller que agochou 7 mapas dentro de 7 peixes desecados, só había un mapa que conducía ao tesouro. Cando ía tocar o timbre para ir a casa, collimos o marca-páxinas que fixeramos nos mesmos

27 abr 2010

REUNIÓN CLUB LECTURA (Maio)

  • MARTES 4 de Maio ..... Grupo NARANXA (na hora do recreo)
  • MÉRCORES 5 de Maio ........ Grupo AZUL (na hora do recreo)
  • XOVES 6 de Maio ............ Grupo VERDE (na hora do recreo)

22 abr 2010


Mañá imos comezar cun ciclo de cine en galego, organizado polo equipo de Normalización Lingüística e en colaboración co equipo das TIC`s
( máis concretamente de curtas) tanto de animación, coma debuxo, documental, etc etc etc...
Mañá tócalle primeiro ós e ás pequechas de infantil que van inaugurar o noso ciclo de cine.
E despois do recreo a nós , e máis os de 2º e os de 3º.
Os de 4º 5º e 6º tocaralles para a próxima semana.
Serán dúas sesións para cada un dos tres grupos .
A maioría das curtas e documentais que imos ver son de EU FALO.TV de FLOCOS.TV e da Axencia audiovisual Galega

18 abr 2010

O Contacontos


O venres veu ó cole un contacontos, antes da hora do recreo.
Fomos escoitalo os de infantil e os do 1º ciclo de primaria ( 1º e 2º)
Contounos a historia dun león, e as súas aventuras, e o moito
que adestraba e o limpiño e aseado que era.

O único que non lle gustaba era cazar, porque dicía que todos
os animais eran os seus amigos.
Estivo ben.

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!