21 jun. 2012

Participamos na XVIII edición de Ponte...nas ondas!

Coma tódolos anos, participamos na Xornada Multimedia de Comunicación Interescolar que organiza a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! Este ano celebrouse a XVIII edición co lema "Ponte... a contar!" e os alumnos e alumnas de 6º curso participamos cunha lenda do concello de Ponteareas: "A serpe do castro de Troña". Podedes escoitala xunto co resto de traballos aqui:

http://pontenasondas.org/es/ediciones/xviii-edicion-pno-es

Ata outra!



14 jun. 2012

A nosa primeira stop motion

Os nenos e nenas da clase de 1º levamos varios días coa idea de facer unha stop motion , despois de ver algunhas que nos gustaron moito. Levamos algúns días dándolle voltas á plastilina e pensando que podíamos facer, fixemos serpes longuísimas, rios, pontes... e ó final isto é o que saiu.. E a nosa primeira creación, aínda que hai que recoñecer que non temos moita paciencia, agardamos que vos guste...
Titúlase: As serpes de primeiro...

7 jun. 2012

Excursión a Dinosaurios Park


Hoxe os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fomos de excursión ata Praia América a ver a exposición de Dinosauros Park.
A verdade é que foi moi interesante e ademais impresionounos moito, pasámolo moi ben.

E despois merendamos a pé de praia e ata estivemos xogando un anaco na area.
Pasámolo xenial! Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos do día de hoxe.



5 jun. 2012

Mediación.

Hoxe, organizado pola comisión de Convivencia do cole,  tivemos unha pequena sesión de "vídeo-forum" cos nenos e nenas da clase de 6º para falar sobre a figura do mediador/mediadora .
Este pequeno vídeo preséntanos unha serie de palabras clave á hora de falar de  MEDIACIÓN
 E un pequeno rap que elaboraron dende un instituto onde nos explican a importancia da MEDIACIÓN :




 E acó vos queda un vídeo  en clave de humor que fixo o alumnado do IES FIN DO CAMIÑO en Fisterra que sen dúbida foi o que máis lles gustou...