12 oct. 2013

Comezaron a viaxar .... as mochilas!!!



Ista semana comezaron dúas das actividades propostas polo equipo de biblioteca do noso cole:

O préstamo de libros.

E as mochilas viaxeiras.

Istas mochilas viaxeiras cada semana estarán na casa dalgún alumno/a da clase.

Contén varios libros  adaptados ás idades de cada aula. 
E un pequeno caderniño para facer un debuxo ( os máis pequenos/as)  e anotacións sobre os contos/libros ( os maiores)

Agardamos que vos gusten.

BOA LECTURA!