24 mar. 2015

BODY PARTS

O pasado xoves durante a clase de Inglés fixemos c@s nen@s de 1º unha actividade moi divertida!! Estamos aprendendo as partes do corpo así que decidimos "perfilar" a un voluntario, que foi Jose, e sinalar tódalas partes que estamos traballando.
Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron e o ben que nos quedou o resultado.










17 mar. 2015

ECLIPSE SOLAR 20 DE MARZO

   
 O vindeiro 20 de marzo terá lugar unha eclipse total solar que aínda que parcialmente se poderá ver en Galicia cunha importante magnitude. De feito, dado que a eclipse se inicia no Atlántico e pasa entre Islandia e as Illas Británicas para rematar no Polo Norte, será a galega a comunidade onde a Lúa oculte máis o Sol; concretamente na  costa noroeste chegará a ocultarse máis dun 75% da superficie solar. De darse condicións meteorolóxicas favorables, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC alerta das debidas precaucións que hai que tomar ese día para observar o fenómeno.
A eclipse comezará en Galicia ás 9:05 horas, terá o máximo ás 10:09 e rematará ás 11:18. Retransmitirase vía internet polo Real Instituto y Observatorio de la Armada, e por Misión Eclipse. Ademais, o Observatorio Astronómico da USC organizará no seu xardín unha sesión pública de seguimento.  
( podedes ler o artigo completo en G-CIENCIA )

Acó vos deixamos tamén da mesma páxina unha serie de mapas interactivos de como será a eclipse en Galicia.

Por outra banda é importante visionar o eclipse coas precaucións axeitadas... acó tedes 5 recomendacións básicas

    

13 mar. 2015

SALÓN DO LIBRO

Dende o 27 de febreiro estase a celebrar o Salón do Libro en Pontevedra, e podemos ir visitalo ata o vindeiro día 28 de marzo.
É unha cita anual que nos en envolve nun mundo de fantasía dirixido a público de calquera idade, dende os máis cativos ata os máis grandiños da casa.
Podemos atopar exposicións, mostras, obradoiros, cursos, conferencias, presentacións de libros, actuacións musicais e teatrais e unha chea de actividades interesantes e divertidas de balde.
Este ano a temática é "Da Ciencia á Ficción", e decenas de colexios aportaron a súa creatividade para que todos disfrutemos desta cita ineludible.
Dende aquí invitámosvos a pasar polo Pazo da Cultura de Pontevedra e divertirvos como nunca.
Se queredes máis información premede nestes enlaces e observade a multitude de actividades que podedes visitar:

PROGRAMA DO SALÓN

CATÁLOGO DO SALÓN DO LIBRO