30 abr 2015

LIMPEZA DO PATIO

Os,-as alumnos,-as de sexto fixemos un traballo en Educación para a Cidadanía  para organizar  unha limpeza do patio pois estaba moi sucio.

O pasado martes 28 de abril saimos o patio por grupos de nen@s coordinados por nós e recollemos 10 kg de lixo no patio.

Con esta actividade quedounos claro que temos que coidar o noso entorno.



24 abr 2015

FOTOS DO DÍA 22 DE ABRIL: CONTACONTOS DE ANXO MOURE.

O pasado día 22 , e con motivo da proximidade do día do libro, ANXO MOURE pasou a mañá con nós e fixo catro sesións de contos para todos os nenos e nenas do colexio.

Encantounos e pasámolo xenial, ademais de contarnos fermosas historias tamén nos concienciou sobre o coidado da natureza e o respecto pola mesma.

Acó vos quedan 4 pequenos vídeos compostos por algunhas das fotografías que fixemos ise día.

Fotos de ED. INFANTIL.


Fotos de 1º e 2º.


Fotos de 3º e 4º :

Fotos de 5º e 6º :

AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN!!

21 abr 2015

UNHA MAÑÁ CON ANXO MOURE (21 de Abril)

Como vos comentamos nunha entrada anterior, e con motivo da semana do libro, hoxe visitounos Anxo Moure. 
Dividimos ó alumnado en catro grupos para que disfrutasen  máis "xuntiños e arrimadiños" (Anxo Moure dixit) da actuación. 
Na súa didáctica ecoloxista e comprometida coa sosteñibilidade, contounos historias relacionadas co coidado da natureza, cos animais, coa valoración dos nosos ríos e montes e concienciounos sobre a necesidade de reciclar e limpar a natureza. O alumnado foi o protagonista indiscutible xa que Anxo interactuou con eles dun xeito maxistral.
Aquí vos deixamos unhas  pouquiñas fotos para que vexades o divertidas que foron as actuacións. Proximamente subiremos un pequeno vídeo con moitísimas máis fotos.






15 abr 2015

VAINOS VISITAR ANXO MOURE O 21 DE ABRIL !!!

E para quen non o coñeza, preguntarédesvos quen é ANXO MOURE? Pois ademais de ser un "contador de contos que se fan realidade" e un educador ambiental, é  o autor de varios libros de literatura infantil coma  A xacia luviñas , O carballo con botas,  ou O paraugas "dameaugas"

Quizais o máis coñecido e recoñecido de Anxo Moure, ademais do seu espírito ecoloxista sexa a iniciativa de Contos Solidarios.
( "linkade" e visitade a páxina, ben merece a pena)


Acó vos queda tamén iste texto de Anxo  de Xevale Ecoloxía, que aparece no libro "Naturalmente Galicia" na páxina 52. 
..Cando a auga bate contra as pedras nos cachóns ou fervenzas non escoito só o son do río, sinto o berro de quen pide axuda mancada a súa libertade con encoros, verquidos e lixo.
...Cando o vento move as copas das árbores fálame da dor das carballeiras, fragas, soutos, das aciñeiras, teixos, acivros, que tremen o monstro dos incendios, das talas, pragas e desfeitas.
...Cando o mar bate entre as rochas sinto o medo das negras mareas, dos bidóns caídos nun cemiterio escuro do paraiso roubado. Tamén sinto o laio de curuxas, lobos, teixugos e dos máis pequenos bichiños e bolboretas, das fontes estragadas, das montañas fendidas.
...mais, o pouco tempo, mentras sigo sentindo a fala da terra, collo os meus apeiros (os soños, a imaxinación, a esperanza...) e simplemente loito, ó carón doutros moitos galegos eu tamén loito, aínda que só sexa abrazando as árbores.

Deixámosvos tamén dous vídeos de Anxo Moure:  o primeiro unha entrevista que lle fixeron  o ano pasado, co gallo do día do Medio Ambiente,e  o segundo un pequeno anaco dunha das súas actuacións,  desfrutádeos!!!.



14 abr 2015

TÉCNICAS DE ESTUDO

O PASADO VENRES FOMOS Ó TEATRO !!!

O pasado venres fomos ó Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas a ver a obra de teatro As Fabas Máxicas de Caramuxo Teatro. Organizado pola FANPO ( Federación de ANPAS de Ponteareas), fomos as clases de infantil 1º e 2º. Ademais de nenos e nenas doutros colexios de Ponteareas.   Gustounos moito, e pasámolo xenial. Acó vos deixamos un pequeno vídeo promocional da actuación:

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!