24 dic 2019

SEMANA DE NADAL 2019

A última semana antes das vacacións tivemos moitas sorpresas. O luns visitounos a Apalpadora con moitas cancións e boa enerxía. O xoves visitounos Papá Noel e o Rei Mago e tivemos unha gran merendola. E xa de despedida fomos ó cine a ver Frozen II.




Deixámosvos un vídeo e o desexo de que pasedes Boas Festas!

8 dic 2019

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS

Un ano máis participamos no cross escolar nas instalacións do Centro Cultural de Guláns os días 4 e 5 de decembro. Este ano como novidade participou tamén o alumnado de terceiro e cuarto de primaria.
A experiencia foi moi positiva pois todos remataron a carreira chegando incluso nos primeiros postos.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do evento.





SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!