28 dic 2022

FESTIVAL NADAL 2022

 O pasado mércores e xoves, 21 e 22 de decembro, celebramos no cole o Nadal recuperando a tradición prepandemia. No seguinte vídeo pode verse un resumo destas actividades coa participación de todo o centro xunto coa ANPA Virxe do Socorro.

Esperamos que vos guste!!



28 nov 2022

II CARREIRA pola NON VIOLENCIA

Compartimos este vídeo onde participou todo o alumnado e profesorado sumando KM con motivo do 25N. Conseguimos 43 km que sumados aos do curso pasado fan un TOTAL de 67,61 km. Moitas grazas pola participación. Esperemos que o desfrutedes!!

DI CAPACIDADE 3 decembro 2022




Aquí quedan unha serie de recursos para que entre todas e todos SUMEMOS bicos, abrazos, agarimos... e así poidamos convivir e construír un bo camiño cara a inclusión.

21 nov 2022

SEMANA 25N 2022


Comezamos a semana do 25N, día contra a Violencia de Xénero. Dende o cole unímonos para concienciar a toda a comunidade educativa da importancia da construción da igualdade e da necesidade de previr a violencia en xeral e especialmente, a violencia contra a muller. Durante esta semana o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria levarán a cabo unha lectura de contos ao alumnado máis pequeno do cole sobre esta temática, para rematar o venres sumando KM coa II Carreira pola NON violencia en Oliveira.

17 nov 2022

25 N


O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, participou este curso escolar na novena convocatoria do concurso de imaxes gráficas e pezas audioviduias, con motivo do 25N "Día Internacional contra Violencia de Xenero".
Aquí podedes ver os seus estupendos traballos. Parabéns!!




O que pretendemos transmitir é que a violencia de xénero non é soamente o maltrato..... esta comeza co control, o desprezo, as humillacións ou a invisibilidade das mulleres. Queremos poñer o grito no ceo por todas aquelas mulleres que non o puideron facer: NIN UNHA MENOS!!

11 nov 2022

FESTA SAMAGOSTO 2022

O pasado venres, 4 de novembro, celebramos no cole a festa do Samagosto con moitas actividades nas que se implicou toda a comunidade educativa. Grazas a todos/as pola participación!! Aquí queda un resumo desta celebración:


27 jun 2022

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2022

Despois de dous cursos sen excursións, por fin puidemos volver desfrutar delas. Para rematar o curso fomos de excursión ao Grove. Que ben o pasamos!!

GRADUACIÓN INFANTIL e PRIMARIA 2022

A continuación un resumo da Festa de graduación de E. Infantil e E. Primaria. Parabéns!!


  

3 jun 2022

CELEBRAMOS AS NOSAS LETRAS AO RITMO DA MUIÑEIRA DE CHANTADA

 Este ano o equipo de Dinamización da Lingua Galega fixo unha proposta moi especial para celebrar as Letras Galegas. E grazas á mestra de música conseguimos bailar unha muiñeira de Chantada. Este vídeo é o resultado. Esperamos que o desfrutedes!




6 mar 2022

8 M 2022

18 feb 2022

Entroido 2022

O Entroido xa chegou a Oliveira!! Ídevos preparando para a semana que ven...👏👏👏👏  Prestade moita atención aos mandadiños do MECO.

 



 

31 ene 2022

DÍA DA PAZ

  Como ben sadedes, este ano participamos no proxecto artístico solidario en beneficio de ART FOR DENT. Creamos un calendario en colaboración con outros once centros de Galicia. 

Este ano no día da PAZ seguimos traballando a importancia da SOLIDARIEDADE.

Aquí vos deixamos o resultado



SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!