22 dic 2016

VISITA DOS PAXES REAIS E FESTIVAL DE NADAL

O martes 20 e o mércores 21 foron uns días moi especiais no cole de Oliveira. 
O primeiro tivemos a visita dos Paxes Reais, que ilusionaron a todo o alumnado, e o segundo día celebramos o tradicional Festival de Nadal para desfrute de todas as familias e sobre todo d@s nen@s.
Deixámosvos unha pequena mostra, esperamos que vos guste!!


 

19 dic 2016

Contacontos para ED. Infantil.

O pasado venres a temática elexida polo alumnado de 5º foi un "Conto de Nadal" co que deleitaron ó alumnado de ED. Infantil. Acó vos quedan unhas poucas fotos:

 


16 dic 2016

13 dic 2016

O PAPAGAIO

XA TEMOS NA BIBLIOTECA A REVISTA
EN GALEGO "O PAPAGAIO"!!!. 
En setembro fixemos unha subscrición anual a esta revista. 
Teremos dous exemplares de cada número.
 Déixovos o enlace por se queredes ver o número 1 

 HOXE XA CHEGOU O NÚMERO 3!!!. 

25 nov 2016

MAGOSTO EN A CASA DO PATRÓN

O pasado mércores 16 de novembro celebramos o MAGOSTO en Lalín, en A CASA DO PATRÓN.
Pola mañá tivemos talleres, os máis pequenos estiveron "enredando" co barro mentres que o resto se dedicou a facer queixo que ó final do día levaron para casa.
Tamén vimos un castro e despois de comer fixemos o Magosto.
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades canto nos divertimos!!


20 nov 2016

Contacontos para ED. Infantil

Como xa sabedes, unha das clases dos maiores de primaria prepara un conto para  que os nenos e nenas de ED. Infantil o desfruten no recreo do último venres de cada mes.

O conto que inaugurou esta tempada foi : "A castaña que rebentou da risa". 
A clase de 6º foi a encargada desta volta,  especialmente Susi que foi quen  contou a historia .

Acó vos quedan unhas poucas fotos.

28 oct 2016

CONCURSO CABAZAS

Este curso, como novidade, fixemos un concurso coas cabazas de Halloween. Eleximos A MÁIS GORDECHA, A MÁIS PEQUENIÑA, A MÁIS TERRORÍFICA, A MÁIS PELUDA, A MÁIS ORIXINAL E A MÁIS SIMPÁTICA!!! @s gañadores/as recibiron un merecidísimo diploma. Aquí vos deixamos unha pequena presentación, que a desfrutedes!!!

18 oct 2016

HALLOWEEN

A partir do vindeiro luns 24 de outubro, poderedes empezar a traer ó colexio as vosas cabazas de Halloween para a exposición.
Este ano teremos moitas sorpresas... Esperámolas!!!


16 oct 2016

Os Axouxeres de Oliveira (5º curso de E.Primaria)




Os Axouxeres de Oliveira ( 5º curso de E. Primaria) están a piques de emprender unha viaxe polo mundo camiño ao país que Olirei preparou para a clase: "Uruguay"
Hoxe, deixámosvos un enlace de youtube onde nos contan un pouco como é a capital deste fermoso país sudamericano.
Nós investigaremos e irémosvos contando todo o que sabemos e compartiremos moitas cousas interesantes con todos vós.


Esperamos que vos guste.

Fomos de visita ás bodegas LA VAL

O pasado xoves , para culminar o mini proxecto que estivemos traballando sobre a VENDIMA as clses de 1º , 2º e 3º fixemos unha visita ás bodegas LA VAL , no concello de Salvaterra do Miño Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas novas, sobre as uvas que utilizaban (albariño) , os tempos da vendima , da colleita e o proceso de recolección, a fermentación, o embotellado,e moitas cousas máis... Ademais o finalizar tiñannos preparada unha pequena "merendola" da que demos boa conta e un pequeno agasallo para cada un de nós. Moitas grazas!!

Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas!!



Acó queda unha pequena mostra fotográfica de todo o que fixemos:


                               

4 oct 2016

Unha viaxe polo mundo.

Hai unha semana chegou unha carta para cada unha das aulas do noso centro.

O remitente era Olirei a mascota da nosa biblioteca.

Pedíanos axuda para elexir algúns países para visitar xa que se aburría un pouco no cole.

Cada unha das aulas elexiu un país sobre o que vai a traballar e informarse, aprender cousas para explicarllas ó resto do alumnado do centro e tamén para Olirei. 



SEGUIREMOS INFORMANDO!! 

ADIVIÑADES OS PAÍSES? 


1 jul 2016

O curso 2015/2016 en imaxes.

Dende o equipo das "TIC`s" elaborouse este vídeo cunha pequena escolma fotográfica da maioría das actividades que se fixeron neste curso. Agardamos que vos guste.



E agora a desfrutar do verán. Boas vacacións, vémonos o 12 de setembro.  

21 jun 2016

NOVA EDICIÓN DO PERIÓDICO ANUAL COTO DO GATO!


Ola a tod@s!

Chegaron as vacacións e con elas un novo número do noso periódico dixital Coto do Gato. Nel poderedes ver algunhas das cousas que fixemos este curso 2015/16.

Podedes descargalo en formato PDF no seguinte enlace:

https://www.dropbox.com/s/plno9edpd4snyys/COTO%20DO%20GATO%202016.pdf?dl=0

A versión pdf está aloxada en Dropbox pero podedes velo/descargalo sen necesidade de rexistrase. Para iso, facede clic no enlace. Sairá unha ventá de diálogo. No fondo da ventá hai que facer clic en:  No, gracias, continuar para ver →

Mañá estará dispoñible a versión dixital en formato ISUU para ver on line.

Un saúdo e boas vacacións!

14 jun 2016

Preparando a excursión ás Illas Cíes.


O próximo venres se o tempo o permite iremos de excursión ás Illas Cíes.
Isto é o que estivemos traballando na clase de Primeiro  sobre as mesmas. E querémolo compartir con vós:

O vindeiro venres día 17 de xuño iremos de excursión ás ILLAS CÍES.
Na clase miramos algúns vídeos sobre as Cíes, de entre os vídeos que vimos, ista promoción das mesmas en FITUR gustounos moito:



Deixámosvos tamén un xogo LIM sobre as ILLAS ATLÁNTICAS e un link a un documental sobre as Illas Cíes.

13 jun 2016

SESIÓN CONTACONTOS XUÑO

O pasado venres día 10, o alumnado de 5º de Primaria, realizou a última sesión de CONTACONTOS para Infantil durante o recreo.

Nesta ocasión foi a culminación do traballo realizado durante meses a través dun CONTRATO-PROGRAMA para traballar a competencia matematica,titulado "DOBRANDO AS MATES COS CONTOS".

Os contos representados foron "A CASA DA MOSCA CHOSCA", "CADA VEZ MÁIS ALTO" E "O LIBRO DE CONTAR".

Deixámosvos unha pequena presentación.



9 jun 2016

Equipo de actividades extraescolares e complementarias


DECORADOS CON CORES

Este ano coa chegada da primavera decidimos darlle un toque de cor ao colexio. 
E a cousa foi de oveiras e panos...
Aquí vos deixamos un vídeo!




29 may 2016

SAÍDA Á BIBLIOTECA E AO MUSEO DE PONTEAREAS

O pasado xoves día 26, o alumnado de 1º, 2º e 3º foi  a Ponteareas para visitar o Museo e a Biblioteca Municipal.

 Na BIBLIOTECA, visitamos algunhas das salas, onde nos explicaron para que se utilizaban e como se distribuian e colocaban os libros ademais do significado das etiquetas dos mesmos.

No MUSEO todo o que había tiña relación con Ponteareas ou algún concello limítrofe. Fóronnos explicando as distintas etapas históricas e as cousas relevantes de cada unha atopadas na zona. Tamén había fotos de xente destacada nada no Concello ou con relación co mesmo.

Ao finalizar fixemos unha manualidade.


Deixámosvos unha presentación da visita.

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

Este pasado xoves día 26, o alumnado de 6º de Primaria visitou o C.E.I.P NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS DE PONTEAREAS. O motivo da visita foi compartir co alumnado dese centro un encontro coa escritora LEDICIA COSTAS.

A actividade consistiu nun encontro con Ledicia Costas onde falou da súa vida, dos seus avós...,  contestou as preguntas dos asistentes e asinou os libros que levaban. Unha vez finalizado fixeron unha merenda con pinchos que preparou o comedor do centro e para rematar fixéronlle unha entrevista á escritora que será retransmitida pola radio escolar esta próxima semana.

Deixámosvos unhas fotiños para que vexades:

28 may 2016

VIII SESIÓN DE CONTACONTOS

O curso achégase á súa fin e con el as sesións de Contos para Infantil que se estaban realizando todos os últimos venres de mes.

Este venres o alumnado de 4º de Primaria quixeron facer disfrutar ao alumnado de infantil co conto
"EL PAÍS DE LOS JUGUETES" onde o protagonista era un simpático coello.

Unha vez finalizada a sesión todos levaron un coelliño coma o do conto para a súa casa. ESTABAN ENCANTADOS/AS!!!.

Acó vos deixanos unha pequena presentación.

13 may 2016

O GRAN XOGO DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 12 de maio o alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria participou nunha actividade na Biblioteca de Guillade, dentro do programa LER CONTA MOITO, chamada o GRAN XOGO DAS LETRAS GALEGAS
Deixámosvos unha pequena mostra do ben que o pasaron e canto se divertiron. 
 

29 abr 2016

VII SESIÓN DE CONTACONTOS

Este venres día 29, como xa ven sendo costume, tivemos unha nova SESIÓN DE CONTACONTOS para o alumnado de infantil na biblioteca durante o recreo. Os encargados/as de contalo foi o alumnado de 5º curso.

A continuación deixámosvos unha breve presentación do momento.





22 abr 2016

DÍA DO LIBRO 2016: LENDO EN FAMILIA.

O equipo de biblioteca do centro pediu ás familias se podían compartir con nós unha fotografía "lendo en familia" para poder facer un pequeno vídeo e compartilo con toda a comunidade educativa, para a conmemoración do día do libro. Moitas grazas pola participación!! 
Acó vos queda o vídeo. Agardamos que vos guste.

BOA LECTURA!! 

O NOSO LIBRO DAS LEGUMES

A partir da proposta feita polo equipo da biblioteca do centro, para conmemorar o día do libro, e tendo en conta que este é o ano adicado AS LEGUMES , elaboramos este libro.
Cada unha das clases de ED. Primaria tivo que buscar información, características curiosidades e ademais inventar un poema relacionado coa legume que lles tocou representar.
As aulas de ED. Infantil encargáronse de elaborar a portada e a contraportada.
Acó vos queda o resultado do traballo neste ISSUU, que tedes á vosa disposición "físicamente" na biblioteca do centro.
Agardamos que vos guste.

11 abr 2016

CAMPIONATO ZONAL DE BÁDMINTON

E seguimos falando de bádminton pois Victoria de sexto volveu clasificarse para a seguinte rolda.
Na anterior entrada do blog había un erro pois o que se celebrou o pasado domingo 10 de abril non foi o Campionato Provincial, senón unha clasificación do Zonal.

O próximo 15 de maio no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas teremos outra rolda do Zonal na que competirán por equipos Condado- Paradanta contra Baixo Miño. 

Noraboa por esta nova medalla e sorte na próxima competición!


30 mar 2016

SAÍDA AO EROSKI

Hoxe 30 de marzo o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º visitou as instalacións do hipermercado Eroski de Ponteareas. 

Unha vez alí, déronlles unha pequena charla onde lles explicaron que era o que se podía mercar, a pirámide alimentaria e a etiquetaxe dos produtos. Todo esto como paso previo para que eles mesmos fixesen a compra. Por grupos tiñan que elexir 6 produtos, uns para o almorzo, outros para o xantar e outros para a cea, sempre pensando nunha alimentación saudable. Tamén visitamos zonas a onde so accede o persoal que traballa alí e vimos como e onde se imprimen os carteis de ofertas.

Unha vez feita a compra e valorada por todo o alumnado, invitáronnos a tomar unha pequena merenda con produtos de alí e déronnos uns agasallos. PASÁMOLO XENIAL!!!





29 mar 2016

Chegou a maleta viaxeira


Que nos deixaron dende a asesoria de Bibliotecas Escolares de Galicia. A maleta contén libros do autor que este ano é homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano: Manuel María.



Podedes ver o contido da Maleta Viaxeira clicando na seguinte imaxe.

23 mar 2016

VI SESIÓN DE CONTACONTOS

O último venres antes das vacacións tivemos a VI sesión de contacontos na biblioteca para o alumnado de infantil.
Nesta ocasión debido a que o resto de compañeiros/as de 6º estaban de excursión en MADRID, Hugo contou coa axuda de alumnado de 2º para a posta en escena. O conto elexido foi MI AMIGA LA OSCURIDAD
Cando rematou, fixo preguntas ao alumnado de infantil e regaloulles os personaxes que preparara con cartolina. QUEDARON ENCANTADOS/AS!!!!
                                  

11 mar 2016

CAMPIONATO ZONAL DE BÁDMINTON

CAMPIONATO DE BÁDMINTON EN CRECENTE

Onte día 10 de marzo celebrouse en Crecente o Campionato Zonal. O noso colexio estivo representado por María Cambra Penabella e Victoria Vigo Ledo.
Pasaron unha tarde divertida xogando ao bádminton e Victoria clasificouse para o Campionato Provincial. Esta mañá lucía orgullosa a súa medalla. Aquí vos deixamos unhas fotos das nosas campioas!
              



3 mar 2016

XORNADA DE BÁDMINTON

XORNADA DE BÁDMINTON

Iste mércores 2 de marzo o alumnado de quinto e sexto curso participaron nunha xornada de deporte escolar no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas.
Fixeron varios xogos, entre eles, o Rei da Pista onde se decidiron @s clasificad@s para o campionato zonal que se celebrará en Crecente o xoves día 10 de marzo. 
Levaremos unha representación feminina de varias nenas de sexto que se clasificaron e posiblemente dun neno de sexto tamén.
Xa vos contaremos que tal lles vai!


27 feb 2016

V SESIÓN DE CONTACONTOS

Este venres día 26 celebrouse unha nova edición do CONTACONTOS que se celebra mensualmente para o alumnado de infantil na biblioteca do cole.

O alumnado de 4º preparou para esta ocasión o conto titulado "EL PEQUEÑO OGRO QUIERE IR AL COLEGIO" que contaron e dramatizaron moi ben.

A continuación deixamos unha pequena presentación do que deu de si o momento.





23 feb 2016

24 de febreiro: día de Rosalía

 O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía xa que naceu o 24 de febreiro do ano 1837.

É unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
(Galipedia)


Rosalía de Castro é unha figura indispensábel na literatura do século XIX. Os estudos sobre literatura feminina de épocas pasadas inclúena entre as grandes escritoras, das que destacaremos Concepción Arenal, Carolina Coronado, Gertrudis Gómez de Avellaneda e Emilia Pardo Bazán.
( Bibilioteca Virtual Miguel de Cervantes)

    
    


Se queredes máis información e recursos , atoparédela na páxina

Acó vos queda tamén un xogo LIM sobre Rosalía.

6 feb 2016

Entroido no colexio: AS OLIMPIADAS.

Onte celebramos a festa do entroido no colexio.
A temática elexida para iste curso foron os XOGOS OLÍMPICOS
Cada unha das aulas elexiu un deporte e fixemos un desfile e unha pequena exhibición da disciplina elexida.
Despois houbo chocolate e rosquillas.
Pasárono xenial!!!! 
Acó vos queda unha recopilación das fotos do día de onte:

1 feb 2016

Elección do Rei e da Raíña do Entroido.

Hoxe elexiuse mediante sorteo ó Rei e á Raíña do noso Entroido. Todo o alumnado subiu ó escenario a presentarse e explicar o seu disfraz. Despois do sorteo os gañadores, e polo tanto Rei e Raíña do Entroido do cole foron Hugo de sexto curso e Noa Gil de cuarto curso.
Eles serán os encargados de comunicarnos os "mandados" do Meco. Acó vos quedan unhas poucas fotos do evento. E parabéns á parella gañadora. 
              

31 ene 2016

IV SESIÓN DE CONTACONTOS

Como todos os últimos venres de mes, no recreo xuntamos ao alumnado de infantil para escoitar un conto na BIBLIOTECA.

Esta vez foi parte do alumnado de quinto o que fixo gozar aos nenos e nenas de infantil, cunha adaptación do conto EU NON FUN.

A continuación deixámosvos unha breve presentación.

      

30 ene 2016

Celebrando o día da PAZ.

Onte no cole fixemos unha celebración conxunta para conmemorar o día PAZ .
Ademais do traballo realizado a nivel de aula, estivemos toda a semana escoitando a canción "APERTAS QUE VOAN" de Paco Nogueiras para poder cantala onte todos xuntos no patio.
                           

O alumnado de ED. Infantil formou a palabra PAZ e o resto simbolizamos o arco da vella coas súas cores no chan do patio.
Cada alumna/o levaba un globo no que escribira unha palabra relacionada coa paz.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos do evento de onte:

              

15 ene 2016

Hoxe visitounos Paco Nogueiras!!!

A semana pasada xa comentamos nun artigo do blogue  que hoxe ía visitarnos Paco Nogueiras, tivemos unha sesión moi interesante e divertida con el os nenos e nenas de ED. Infantil e 1º de Primaria.

Falounos especialmente do libro CANTAROLAS aínda que tamén nos ensinou outros libros moi interesantes.

Cantamos, recitamos e pasámolo xenial. Foi moi  moi  divertido!!! 

Acó vos quedan unhas poucas fotos da sesión que compartiu  hoxe con nós:

8 ene 2016

A semana que vén visitarnos Paco Nogueiras.

A semana que vén vainos visitar Paco Nogueiras.

A súa visita vaise centrar un pouco en falarnos do libro-disco CANTAROLAS  , homenaxe ó autor recentemente falecido Xosé Neira Vilas.
Unha colaboración de Anisia Miranda e de Xosé Neira Vilas.
Ademais ista nova edición está ilustrada por Leandro Lamas.  Acó tedes un artigo relacionado co libro.

Se queredes máis información, na páxina da Fundación Xosé Neira Vilas. 


3 ene 2016

III SESIÓN DE CONTACONTOS

No mes de decembro coincidindo co final de trimestre realizouse a III SESIÓN DE CONTACONTOS PARA INFANTIL

Esta vez correu a cargo do alumnado de 6º curso que realizou a súa versión do conto A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.

A continuación deixámosvos unha breve presentación da sesión.

 

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!