A última semana antes das vacacións tivemos moitas sorpresas. O luns visitounos a Apalpadora con moitas cancións e boa enerxía. O xoves visitounos Papá Noel e o Rei Mago e tivemos unha gran merendola. E xa de despedida fomos ó cine a ver Frozen II.
Deixámosvos un vídeo e o desexo de que pasedes Boas Festas!
Un ano máis participamos no cross escolar nas instalacións do Centro Cultural de Guláns os días 4 e 5 de decembro. Este ano como novidade participou tamén o alumnado de terceiro e cuarto de primaria. A experiencia foi moi positiva pois todos remataron a carreira chegando incluso nos primeiros postos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do evento.
O VENRES 22, ALBA E LUNA, ALUMNAS DE 6º DE E.PRIMARIA, VISITARON O PARLAMENTO DE GALICIA REPRESENTANDO AO NOSO CENTRO NO CONSELLO MUNICIPAL DA INFANCIA DE PONTEAREAS. XUNTO CON OUTROS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE DISTINTOS COLEXIOS DE PONTEAREAS E ACOMPAÑADAS POLA CONCELLEIRA DE ENSINO CRISTINA FERNÁNDEZ PUIDERON PARTICIPAR DUNHA MOI INTERESANTE EXPERIENCIA.
DEIXÁMOSVOS O LINK DA PÁXINA WEB DO CONCELLO, PARA PODER LER O TEXTO COMPLETO DA VOCEIRA, QUE REPRESENTOU A TODOS OS NENOS E NENAS DO CONSELLO MUNICIPAL DA INFANCIA.
O PASADO MARTES O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE E.PRIMARIA VISITARON O AUDITORIO DE PONTEAREAS PARA GOZAR DUNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL : " NUBE,NUBE SOL" ,ESTIVERON MOI ATENTOS, RÍRONSE MOITO E COMPORTÁRONSE XENIAL.
Esta semana tivemos unhas xornadas de hóckey sobre patíns no colexio. Recibimos a visita de José Álvarez "Portu", impulsor deste deporte en Ponteareas, que nos ensinou cousas moi interesantes. Compartimos un bo rato aprendendo e xogando cunha figura do deporte de elite da nosa vila.
O venres 14 de xuño pasamos o día en Allariz na excursión de fin de curso. Visitamos o museo do xoguete. Ademáis os máis pequenos e pequenas do colexio demos un paseo en poni e os maiores visitamos o museo do coiro e o da moda.
Despois de comer fomos todos xuntos ó Festival dos Xardíns.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos.
A piques de rematar o curso .....SORPRESA !!
Hoxe inaguramos a pista de patinaxe , froito do Proxecto Ludantia : " O patio que queremos" en colaboración coa Deputacion de Pontevedra e o Concello de Ponteareas.
Foi unha tarde moi especial, onde os protagonistas foron os ex alumnos /as do cole e os nenos e nenas de segundo , xa que no seu día partíciparon no proxecto.
Noraboa , conseguímolo!
Hoxe a Cooperativa Miudiño ofreceu ao alumnado de Oliveira un obradoiro de creación libre de brinquedos. Pasárono xenial e crearon xoguetes moi orixinais. Podedes ver no seguinte vídeo o ben que o pasaron na actividade.
Hoxe o alumnado de sexto participou nunha pequena formación sobre primeiros auxilios, máis concretamente sobre a Reanimación Cardiopulmonar (RCP). Esta formación foi impartida polos bombeiros de Ponteareas e promovida polo Concello. A Televisión de Galicia deu conta dalgúns momentos da actividade a través do programa "A REVISTA" (minuto 5:37, minuto 10 e minuto 37:45)
Tamén lles falaron da prevención de incendios no fogar.
Despois de moito traballo sobre o proxecto XOGAMOS durante todo o curso, por fin chegou o día de mostralo ao resto de compañeir@s polo que decidimos celebrar a EXPO DO XOGO.
A través desta actividade cada clase explicáballe ao resto o aprendido e traballado sobre o xogo ou xoguete elexido.
Aínda que o tempo non nos acompañou todo o que tiñamos pensado ao final pasaron unha mañá moi entretenida e aprenderon moitas cousas novas.
Dentro do Proxecto Deportivo de Centro o pasado venres 15 de marzo participamos quinto e sexto de primaria nunha xornada de bádminton xunto co colexio de Leirado.
Fixemos varios xogos e ó final elixíronse entre os que máis partidos gañaron os clasificados feminino e masculino para o campionato zonal individual. Éste terá lugar o sábado 6 de abril no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas.
O pasado martes día 26 de febreiro, o alumnado de sexto pasou unha estupenda xornada xogando ao hochey e ao balonmano no Ceip de Leirado. Despois de xogar, os nosos compañeir@s de Leirado invitáronnos a unha merendola. Tamén nós deu tempo de convivir un anaco a tod@s xunt@s no seu recreo. Podedes ver unha pequena escolma dos momentos máis destacados no seguinte vídeo.
O venres 22 celebramos a elección do REI e RAÍÑA do entroido 2019.
O alumnado veu disfrazado do que quixo e fíxose a elección mediante sorteo. O afortunado rei foi RAÚL de 6º de educación infantil e a raíña ELIA de 3º de primaria.
Eles foron os encargados de dar as ordes da semana do entroido.
As ordes deste ano consistían en caracterizarnos coma un personaxe do xogo "QUEN É QUEN" xa que o xogo é o proxecto deste curso.
No seguinte vídeo tedes un resumo de todo
A festa concluiu o venres día 1, onde cada clase se disfrazou dun xogo ou xoguete.
Ao finalizar o desfile todos/as gozamos dun delicioso chocolate acompañado con rosquillas.
Fai algúns días, estes alumnos/as de 6º de E. Primaria pasaron polas aulas e explicaron brevemente en que consiste o programa.
Todos os días, durante o tempo do patio, 2 alumnos/as actúan de mediadores solucionando os conflitos que surxen. Levan un peto verde por riba da roupa para ser fácilmente localizados.
Fixeron unha libreta mediadora, onde quedan rexistrados todos os conflitos atendidos.
E para rematar aquí queda un vídeo que explica de forma breve o proceso de Mediación.
O venres tivemos a segunda xornada de deporte escolar deste curso. @s alumn@s de sexto do CPI da Cañiza viñeron xogar uns partidos de fútbol e baloncesto con nós, @s alumn@s de quinto e sexto. Mentres @s alumn@s de cuarto prepararon unha fantástica merendola para tod@s @s participantes, da que gozamos moito ao acabar. No enlace anterior podedes ver un vídeo coa escolma dalgúns momentos vividos perante a mañá.