16 jul. 2019

FESTIVAL FIN DE CURSO

ACTUACIÓN 3-4 ANOS





ACTUACIÓN 5 ANOS





ACTUACIÓN 1º







ACTUACIÓN 2º

ACTUACIÓN 3º




ACTUACIÓN 5º




ACTUACIÓNS 6º



15 jul. 2019

FESTIVAL FIN DE CURSO 2018-2019

AQUÍ DEIXÁMOSVOS UN RESUMO DO QUE FOI O FESTIVAL DE FIN DE CURSO E AS GRADUACIONES DO NOSO ALUMNADO. BOAS VACACIÓNS.

3 jul. 2019

REVISTA ANUAL



XA TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN A  REVISTA  ANUAL DO COLE:  "COTO DO GATO" CON MOITAS CURIOSIDADES. PREME NO ENLACE
Ver datos adxuntos

19 jun. 2019

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 14 DE XUÑO

O venres 14 de xuño pasamos o día en Allariz na excursión de fin de curso. Visitamos o museo do xoguete. Ademáis os máis pequenos e pequenas do colexio demos un paseo en poni e os maiores visitamos o museo do coiro e o da moda.
Despois de comer fomos todos xuntos ó Festival dos Xardíns.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos.


INAUGURAMOS A PISTA DE PATINAXE.

A piques de rematar o curso .....SORPRESA !!
Hoxe inaguramos a pista de patinaxe , froito  do Proxecto Ludantia : " O patio que queremos" en colaboración coa Deputacion de Pontevedra e o Concello de Ponteareas.
Foi unha tarde moi especial, onde os protagonistas foron os  ex alumnos /as do cole  e os nenos e nenas de segundo , xa que no seu día partíciparon  no proxecto.
Noraboa , conseguímolo!

FAI CLIC DEBAIXO
Inauguración pista de patinaxe

22 may. 2019

OBRADOIRO DE CREACIÓN LIBRE DE BRINQUEDOS

Hoxe a Cooperativa Miudiño ofreceu ao alumnado de Oliveira un obradoiro de creación libre de brinquedos.
Pasárono xenial e crearon xoguetes moi orixinais.
Podedes ver no seguinte vídeo o ben que o pasaron na actividade.


18 may. 2019

XORNADA DAS LETRAS

O día 16 celebramos no colexio a Xornada das Letras. 

Empezamos coa obra de teatro "O engaiolador de palabras" interpretada polo alumnado de 4º de educación primaria.







Despois tivemos varias actuacións do alumnado de 6º e un alumno e alumna de 1º con música e baile .







 E por último rematamos cunha xincana sobre ANTONIO FRAGUAS.



9 may. 2019

FORMACIÓN REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR

Hoxe o alumnado de sexto participou nunha pequena formación sobre primeiros auxilios, máis concretamente sobre a Reanimación Cardiopulmonar (RCP). Esta formación foi impartida polos bombeiros de Ponteareas e promovida polo Concello. A Televisión de Galicia deu conta dalgúns momentos da actividade a través do programa "A REVISTA" (minuto 5:37, minuto 10 e minuto 37:45)

Tamén lles falaron da prevención de incendios no fogar.





24 abr. 2019

Xornada de convivencia Erasmus +

Como centro receptor dun  grupo de mestras/es que veñen dende Romanía a través dunha beca  Erasmus + de mobilidade escolar,
hoxe tivemos unha bonita xornada de convivencia ( a primeira, teremos máis)
Coñeceron o cole, presentáronse ao alumnado, participaron nunha clase de Inglés e moitas cousas máis.
Ollade  


10 abr. 2019

EXPO XOGO

Despois de moito traballo sobre o proxecto XOGAMOS durante todo o curso,  por fin chegou o día de mostralo ao resto de compañeir@s polo que decidimos celebrar a EXPO DO XOGO.

A través desta actividade cada clase explicáballe ao resto o aprendido e traballado sobre o xogo ou xoguete elexido.

Aínda que o tempo non nos acompañou todo o que tiñamos pensado ao final pasaron unha mañá moi entretenida e aprenderon moitas cousas novas.

Deixámosvos unha pequena mostra!