28 ene 2010

24 ene 2010

Campo a través en Guláns

O mércores 20 de xaneiro os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria participaron nunha carreira de campo a través en Guláns xunto con outros colexios da comarca.Foi unha xornada moi divertida a pesar da chuvia.

22 ene 2010

O DÍA DA PAZ

O vindeiro venres imos celebrar no noso colexio o día da PAZ. Faremos distintas actividades e unha delas é cantar unha canción. Tedes aquí a canción que escollemos para este ano.


21 ene 2010

Data de REUNIÓN do CLUB DE LECTURA

  • LUNS 1 de Febreiro: Grupo NARANXA (no recreo)
  • MARTES 2 de Febreiro: Grupo AMARELO (no recreo)
  • MÉRCORES 27 de Xaneiro: Grupo AZUL (no recreo)
  • XOVES 28 de Xaneiro: Grupo VERDE (no recreo)

19 ene 2010

SAÍDA AO TEATRO CAIXANOVA 2º 3º E 4º DE E.P

Hoxe fomos a Vigo a un concerto de música popular galega. Os gaiteiros/as da Xistra mostráronnos os seus instrumentos, dos que aprendimos cousas moi interesantes. Pasámolo xenial: cantamos, xogamos, bailamos...Antía, a nosa compañeira de 2º de EP tivo a sorte de subir ao escenario e cantar con eles, fíxoo moi ben. Grazas por facernos pasar un bo rato!



18 ene 2010

FESTIVAL DE NADAL

Aquí presentamosvos unha selección de fotos do festival de Nadal que celebramos no colexio o 22 de decembro. Mirade que guapos/as e aplicados/as estabamos todos/as.


SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!