2 feb 2015

A CANDELORIA: O DÍA NO QUE CASAN OS PAXARIÑOS.

O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA.  Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terra.

En Galicia, a data da Candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. 
Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.  

 Imaxe do blogue Dálle un coliño






Refráns relacionados:
Pola Candeloria, se chove e venta, inverno entra;
 se ri e plora, inverno fóra.

"Se a Candeloria chora, o inverno vai fora. 
Se ri, o inverno quere vir"

A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.




3 comentarios:

  1. Ola:
    O meu nome é Anabel García e son mestra de primaria nun cole de Pontevedra. Gustoume moito esta entrada sobre a Candeloria e, se me permitides, querería compartila no meu blogue:http://orecunchodasfadas.blogspot.com.es/ para que a visen os meu alumnos/as de 4º.
    Anticípovos as grazas e felicítovos polo voso traballo.Terei que pasarme máis a miúdo.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Ola Anabel, moitas grazas por deixar o teu comentario, está ben saber que alguén le o que escribimos e toma a molestia de poñer un comentario. Claro que podes utilizar a información recompilada para iso está, xa nos pasaremos polo teu blogue. Un saúdo

    ResponderEliminar

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!