31 oct. 2010

OBRADOIROS SAMAÍN EDUCACIÓN INFANTIL

Este venres, pasámolo xenial no cole. As profes nos tiñan preparados moitas sorpresas.
Ao chegar ao cole tódalas clases estaban decoradas TERRORIFICAMENTEEEEE!
Trala merenda, MENUDA SORPRESA!: os maiores contáronnos contos de medo feitos por eles... e despois as clases convertéranse en obradoiros onde fixemos de todo: maquillaxes, disfraces....
Mirade que ben o pasamos!


Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox

27 oct. 2010

CONTA CO MEDO

COINCIDINDO COA CHEGADA DO OUTONO E ALGUNHAS DAS SÚAS CELEBRACIÓNS COMA O SAMAÍN E HALLOWEEN A BIBLIOTECA QUIXO APORTAR O SEU GRANIÑO DE AREA E PARTICIPAR NELAS. DECORAMOS A BIBLIOTECA COA TEMÁTICA "CONTAMOS CO MEDO" E FIXEMOS UNHA SELECCIÓN DE LIBROS RELACIONADOS COA MESMA. TAMÉN PROPUXEMOS O COMEZO DUNHA HISTORIA PARA QUE OS NENOS DO 2º E 3º CICLO AS CONTINUASEN, E ESTE VENRES COÑECEREMOS OS RESULTADOS CANDO LLELAS CONTEN AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL E 1º CICLO. AQUÍ VOS QUEDA UNHA MOSTRA DO BONITA QUE QUEDOU A BIBLIOTECA.

24 oct. 2010

Proxecto:A visita de Teo

A visita de Teo é un proxecto que sobre o Outono estase a traballar na aula de 5 anos.
A profe Maria que está a facendo as prácticas de Maxisterio no noso cole preparou un pequeno proxecto xunto coa profe Elisa(que fai de colaboradora soamante) no cal os nenos e nenas dun xeito lúdico están aprendendo moitas cousas sobre o Outono.

Teo é un amigo de Pinto, que coa chegada do Outono a súa árbore quedouse sen follas e polo tanto sin casa.Entón escribelle unha carta o seu amigo ,para pedirlle se o poden acoller no cole.
Si os nenos e nenas o aceptan ,él a cambio, contaralles todo o que sabe sobre o Outono.

Como era de esperar ,Pinto,os nenos e nenas , e as profes aceptaron.
Ollade o lío que se montou.....é todo o que estan aprendendo sobre o Outono............CONTINUARÁ


O noso mural de Samaín















A semana pasada preparamos na casa unhas meigas,
coa axuda das familias, para poñer no mural colectivo
que estamos preparando sobre o Samaín-Halloween.
O venres comezamos a pintar o mural...Os primeiros
en facelo foron os nenos e nenas da clase de 5 anos.

21 oct. 2010

HALLOWEEN

O próximo día 31 de outubro celébrase HALLOWEEN, desde a clase de Inglés vamos facer varias actividades e manualidades, así como o visionado da seguinte presentación por parte do alumnado de Edución Primaria.
Esperamos que vos guste!!

1 oct. 2010


LILA xa chegou!!,LILA xa esta aqui!!!,LILA que pasou?....Todos e todas estabamos agardándote con moita ilusión,agora non te deixaremos de agarimar:BENVIDA A CLASE DE 4 ANOS!!!!!!