Os alumnos/as de E. Infantil e de E. Primaria para conmemorar o día da Poesía fixeron as seguintes relacionadas co "Mar".
Aquí quedan algunhas:
![]() |
Alumnos/as de 5 anos |
O mar o temos que coidar.
Se non o coidamos, que vai pasar?
Todos iremos a deriva no mar.
E non poderemos nadar.
Non hai que botar
o lixo no mar
porque os animais
temos que coidar.
Alumnos/as de 1º E. Primaria
O mar é salgado
tamén moi bonito
de cores alegres.
Os peixes no mar
grandes e pequenos
como se divirten
xogando entre eles.
Barcos navegando
rumbo mar adentro
peixes saltando
nas súas redes.
Mariñeiros pescando
cos seus barcos
os peixes van contentos
detrás deles.
Alumnos/as de 2º de E. Primaria
O mar camiña
buscando unha nana
para cantar despaciño
a todos os seus peixiños.
Salbvemos o medio ambiente
e seguiremos para sempre
gozando do noso planeta azul
onde brillará sempre a luz.
Outra vez o mar camiña
buscando unha nana
para cantar despaciño
a todos os seus peixiños.
Alumnos/as de 3º de E. Primaria
En Galicia hai moito mar
En Galicia hai moitos peixes
e para non contaminar
lixo non podemos tirar.
Cando vou á praia
gústame xogar no
mar
facer castelos de area
e
así pasalo xenial.
Mariñeiro mariñeira
que vas traballar ao
mar
para pescar moitos peixes
e
levalos ao noso fogar.
No mar viven peixes
azuis e vermellos
algúns son xóvenes
e
outros vellos.
O mar non debes
contaminar
porque aos peixes
podes matar.
O mar é grande e glorioso
e tamén moi poderoso.
Cando vou a Praia
e contemplo o mar
o ruxir das ondas
me fan soñar.
Alumnos de 4º de E. Primaria
AS NEREIDAS
Vivían no mar as nereidas
facendo lindas enredadeiras
con algas de cores varias.
facendo lindas enredadeiras
con algas de cores varias.
Tiñan melenas moi longas
lucían brillantes colas,
eran moi fermosas todas!
lucían brillantes colas,
eran moi fermosas todas!
Vivían no mar
alí xogaban ata cansar
e tamén se lle daba moi ben cantar.
alí xogaban ata cansar
e tamén se lle daba moi ben cantar.
Graciosas nereidas
no Mediterráneo a bailar
Nadan, nadan sen parar!
no Mediterráneo a bailar
Nadan, nadan sen parar!
Eu ben quixera
un día unha atopar
para descubrir os segredos do mar.
un día unha atopar
para descubrir os segredos do mar.
Alumnos/as de 5º de E. Primaria
As Nereidas
As Nereidas belas
ao redor das barcas
co tridente na man
danzan e danzan
axudan ós mariñeiros
na pleamar axitada
polo vento nordés.
Cando montadas aparecen
en lúcidos golfiños
con ramas de coral
coroando as súas cabezas
as fillas de Nereo e Doris
ós mariñeiros orientan
na néboa mesta.
Alumnos/as de 6º de E. Primaria
MURAIS SOBRE O MAR
Distintos murais feitos polos alumnos/as de E. Infantil e de E. Primaria sobre as Nereidas, Mariscadoras e Redeiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario