Onte mércores día 24, os nenos e nenas do terceiro ciclo, visitamos o museo de Pontevedra. Por separado, cada curso visitou as distintas salas do museo para ver as cousas que había nelas. Aprendemos un montón de cousas e tamén fixemos actividades para facer a visita máis divertida. Despois como saiu o sol aproveitamos para tomar a merenda na Alameda de Pontevedra antes de regresar ao cole.


