O pasado venres 28 celebramos o
día Internacional da Paz e Non violencia no colexio.
Ó rematar o recreo o alumnado colocou no tendal do colexio as camisolas con "logos/palabras/frases" pola
PAZ que fixeron durante a semana.
Unha vez rematado saímos ó patio e alí realizamos xogos cooperativos, como o paracaídas, xornais cooperativos, co aro, cos globos... Pasámolo moi ben e ó mesmo tempo xogamos, compartimos e nos divertimos sen competir, xogando en equipo.
O último xogo foi o de darnos "apertas" ao son da música, participou todo o cole a un tempo...
E como colofón os alumnos e alumnas de 6º leron un "
Manifesto pola paz".
Acó vos queda unha pequena mostra de todo o que fixemos o venres.