O pasado sábado celebrouse o que se deu en chamar " A HORA DO PLANETA". Na clase de 2º os deberes para o martes foron preguntar na casa, investigar ou buscar nalgún medio de comunicación: xa fose xornal, internet, televisión ou radio información sobre qué era iso da hora do planeta. Os deberes viñeron moi ben feitos e entre outras moitas cousas quedámonos con:
Que é un movemento que naceu en Australia, máis concretamente en SIDNEY no ano 2007
Que é algo voluntario, e que está "apadriñado" por WWF acó máis coñecido por Adena.
Que se celebra o último sábado do mes de marzo.
Que vai no noso horario dende as oito e media ás nove e media, dura unha hora.
Que tanto os particulares coma as empresas ou institucións apagan as luces ou electrodomésticos que consideren.
Que hai que apagar a luz para acender a do Planeta.
Temos que ser conscientes que o noso consumismo está acabando cos recursos do planeta, temos que ser responsables no consumo e utilización e sempre que estea na nosa man utilizar as 3 erres: reducir, reciclar e reutilizar.
O Pasado Venres 25 as alumnas do cole que participan na Actividade Extraescolar de HIP -HOP participaron nunha "exhibicióndebaile" que organiza a empresa IMAXINA a cal pertence a monitora que lles da clase ás nosas alumnas. As 16.45 todos os colexios participantes da provincia (un total de 10) ensaiaban os seus bailes no Auditorio de Rendondela é as 18.OOh previa presentación e agradecimentos dos representantes de Imaxina deuse paso a unha mostra divertida, participativa, chea de cor, ritmo , entrega e entusiasmo por parte de todos os nenos e nenas dos diferentes coles participantes.
O noso colexio representado por :Tati, Brenda, Alba Sestelo, Rosi, Nerea, Zaida, Alba Iglesias e Gina cun baile super orixinal do tema de Agnes Carlsson títulado "Release me" ,deixaron (a pesares de levar pouquísimas clases traballando)a todos os alí presentes coa boca ben aberta. Noraboa e moitas grazas a Mª Nieves, a monitora das clases ,que sempre sorprende cunhas coreografías super orixinais. Tamén agradecer o ANPA do cole que contratou a esta empresa e que está a levar as actividades con moita profesionalidade. Ollade o vídeo
O pasado venres fomos todos e todas disfrazados ó cole, iamos facer a escolla do Rei e da Raíña do entroido, cada un de nós subiu ó escenario e explicou de que ía disfrazado e como se chamaba, despois mediante sorteo saíron elexidos o rei e a raíña. A raíña foi Rosi e o Rei,, Alejandro da clase de 2º E o venres o rei e a raíña deron o seu primeiro "mandadiño", o luns tiñamos que ir as rapazas cunha gorra e os rapaces cunha diadema. Para hoxe todos e todas temos que ir en pixama!!! E mañá teremos que levar un coxín ou unha almofada.