Os,-as alumnos,-as de sexto fixemos un traballo en Educación para a Cidadanía para organizar unha limpeza do patio pois estaba moi sucio.
O pasado martes 28 de abril saimos o patio por grupos de nen@s coordinados por nós e recollemos 10 kg de lixo no patio.
Con esta actividade quedounos claro que temos que coidar o noso entorno.
30 abr 2015
24 abr 2015
FOTOS DO DÍA 22 DE ABRIL: CONTACONTOS DE ANXO MOURE.
O pasado día 22 , e con motivo da proximidade do día do libro, ANXO MOURE pasou a mañá con nós e fixo catro sesións de contos para todos os nenos e nenas do colexio.
Encantounos e pasámolo xenial, ademais de contarnos fermosas historias tamén nos concienciou sobre o coidado da natureza e o respecto pola mesma.
Acó vos quedan 4 pequenos vídeos compostos por algunhas das fotografías que fixemos ise día.
Fotos de ED. INFANTIL.
Fotos de 1º e 2º.
Fotos de 3º e 4º :
Fotos de 5º e 6º :
AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN!!
21 abr 2015
UNHA MAÑÁ CON ANXO MOURE (21 de Abril)
Como vos comentamos nunha entrada anterior, e con motivo da semana do libro, hoxe visitounos Anxo Moure.
Dividimos ó alumnado en catro grupos para que disfrutasen máis "xuntiños e arrimadiños" (Anxo Moure dixit) da actuación.
Na súa didáctica ecoloxista e comprometida coa sosteñibilidade, contounos historias relacionadas co coidado da natureza, cos animais, coa valoración dos nosos ríos e montes e concienciounos sobre a necesidade de reciclar e limpar a natureza. O alumnado foi o protagonista indiscutible xa que Anxo interactuou con eles dun xeito maxistral.
15 abr 2015
VAINOS VISITAR ANXO MOURE O 21 DE ABRIL !!!
E para quen non o coñeza, preguntarédesvos quen é ANXO MOURE? Pois ademais de ser un "contador de contos que se fan realidade" e un educador ambiental, é o autor de varios libros de literatura infantil coma A xacia luviñas , O carballo con botas, ou O paraugas "dameaugas"
Quizais o máis coñecido e recoñecido de Anxo Moure, ademais do seu espírito ecoloxista sexa a iniciativa de Contos Solidarios.
( "linkade" e visitade a páxina, ben merece a pena)
( "linkade" e visitade a páxina, ben merece a pena)
Acó vos queda tamén iste texto de Anxo de Xevale Ecoloxía, que aparece no libro "Naturalmente Galicia" na páxina 52.
..Cando a auga bate contra as pedras nos cachóns ou fervenzas non escoito só o son do río, sinto o berro de quen pide axuda mancada a súa libertade con encoros, verquidos e lixo.
...Cando o vento move as copas das árbores fálame da dor das carballeiras, fragas, soutos, das aciñeiras, teixos, acivros, que tremen o monstro dos incendios, das talas, pragas e desfeitas.
...Cando o mar bate entre as rochas sinto o medo das negras mareas, dos bidóns caídos nun cemiterio escuro do paraiso roubado. Tamén sinto o laio de curuxas, lobos, teixugos e dos máis pequenos bichiños e bolboretas, das fontes estragadas, das montañas fendidas.
...mais, o pouco tempo, mentras sigo sentindo a fala da terra, collo os meus apeiros (os soños, a imaxinación, a esperanza...) e simplemente loito, ó carón doutros moitos galegos eu tamén loito, aínda que só sexa abrazando as árbores.
Deixámosvos tamén dous vídeos de Anxo Moure: o primeiro unha entrevista que lle fixeron o ano pasado, co gallo do día do Medio Ambiente,e o segundo un pequeno anaco dunha das súas actuacións, desfrutádeos!!!.
14 abr 2015
O PASADO VENRES FOMOS Ó TEATRO !!!
O pasado venres fomos ó Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas a ver a obra de teatro As Fabas Máxicas de Caramuxo Teatro.
Organizado pola FANPO ( Federación de ANPAS de Ponteareas), fomos as clases de infantil 1º e 2º. Ademais de nenos e nenas doutros colexios de Ponteareas. Gustounos moito, e pasámolo xenial.
Acó vos deixamos un pequeno vídeo promocional da actuación:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
SAMAGOSTO 23/24
Preparándonos para o Samagosto!!
-
O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA. Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terr...
-
Todos e todas coñecemos as personaxes tradicionais do Nadal como son Papá Noel ou Os Reis Magos, pero, sabedes cal é a personaxe galega d...
-
Despedida do curso e do noso Proxecto: A auga é vida Vémonos en setembro. Boas vacacións!!