O pasado mércores 16 de novembro celebramos o MAGOSTO en Lalín, en A CASA DO PATRÓN.
Pola mañá tivemos talleres, os máis pequenos estiveron "enredando" co barro mentres que o resto se dedicou a facer queixo que ó final do día levaron para casa.
Tamén vimos un castro e despois de comer fixemos o Magosto.
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades canto nos divertimos!!
25 nov 2016
20 nov 2016
Contacontos para ED. Infantil
Como xa sabedes, unha das clases dos maiores de primaria prepara un conto para que os nenos e nenas de ED. Infantil o desfruten no recreo do último venres de cada mes.
O conto que inaugurou esta tempada foi : "A castaña que rebentou da risa".
A clase de 6º foi a encargada desta volta, especialmente Susi que foi quen contou a historia .
Acó vos quedan unhas poucas fotos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
SAMAGOSTO 23/24
Preparándonos para o Samagosto!!
-
O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA. Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terr...
-
Todos e todas coñecemos as personaxes tradicionais do Nadal como son Papá Noel ou Os Reis Magos, pero, sabedes cal é a personaxe galega d...
-
Despedida do curso e do noso Proxecto: A auga é vida Vémonos en setembro. Boas vacacións!!