22 may 2019
OBRADOIRO DE CREACIÓN LIBRE DE BRINQUEDOS
Hoxe a Cooperativa Miudiño ofreceu ao alumnado de Oliveira un obradoiro de creación libre de brinquedos.
18 may 2019
XORNADA DAS LETRAS
O día 16 celebramos no colexio a Xornada das Letras.
Empezamos coa obra de teatro "O engaiolador de palabras" interpretada polo alumnado de 4º de educación primaria.
Despois tivemos varias actuacións do alumnado de 6º e un alumno e alumna de 1º con música e baile .
E por último rematamos cunha xincana sobre ANTONIO FRAGUAS.
9 may 2019
FORMACIÓN REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR
Hoxe o alumnado de sexto participou nunha pequena formación sobre primeiros auxilios, máis concretamente sobre a Reanimación Cardiopulmonar (RCP). Esta formación foi impartida polos bombeiros de Ponteareas e promovida polo Concello. A Televisión de Galicia deu conta dalgúns momentos da actividade a través do programa "A REVISTA" (minuto 5:37, minuto 10 e minuto 37:45)
Tamén lles falaron da prevención de incendios no fogar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
SAMAGOSTO 23/24
Preparándonos para o Samagosto!!
-
O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA. Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terr...
-
Todos e todas coñecemos as personaxes tradicionais do Nadal como son Papá Noel ou Os Reis Magos, pero, sabedes cal é a personaxe galega d...
-
Despedida do curso e do noso Proxecto: A auga é vida Vémonos en setembro. Boas vacacións!!