21 jun 2016
NOVA EDICIÓN DO PERIÓDICO ANUAL COTO DO GATO!
Ola a tod@s!
Chegaron as vacacións e con elas un novo número do noso periódico dixital Coto do Gato. Nel poderedes ver algunhas das cousas que fixemos este curso 2015/16.
Podedes descargalo en formato PDF no seguinte enlace:
https://www.dropbox.com/s/plno9edpd4snyys/COTO%20DO%20GATO%202016.pdf?dl=0
A versión pdf está aloxada en Dropbox pero podedes velo/descargalo sen necesidade de rexistrase. Para iso, facede clic no enlace. Sairá unha ventá de diálogo. No fondo da ventá hai que facer clic en: No, gracias, continuar para ver →
Mañá estará dispoñible a versión dixital en formato ISUU para ver on line.
Un saúdo e boas vacacións!
14 jun 2016
Preparando a excursión ás Illas Cíes.
O próximo venres se o tempo o permite iremos de excursión ás Illas Cíes.
Isto é o que estivemos traballando na clase de Primeiro sobre as mesmas. E querémolo compartir con vós:
O vindeiro venres día 17 de xuño iremos de excursión ás ILLAS CÍES.
Na clase miramos algúns vídeos sobre as Cíes, de entre os vídeos que vimos, ista promoción das mesmas en FITUR gustounos moito:
Deixámosvos tamén un xogo LIM sobre as ILLAS ATLÁNTICAS e un link a un documental sobre as Illas Cíes.
13 jun 2016
SESIÓN CONTACONTOS XUÑO
O pasado venres día 10, o alumnado de 5º de Primaria, realizou a última sesión de CONTACONTOS para Infantil durante o recreo.
Nesta ocasión foi a culminación do traballo realizado durante meses a través dun CONTRATO-PROGRAMA para traballar a competencia matematica,titulado "DOBRANDO AS MATES COS CONTOS".
Os contos representados foron "A CASA DA MOSCA CHOSCA", "CADA VEZ MÁIS ALTO" E "O LIBRO DE CONTAR".
Deixámosvos unha pequena presentación.
9 jun 2016
Equipo de actividades extraescolares e complementarias
DECORADOS CON CORES
Este ano coa chegada da primavera decidimos darlle un toque de cor ao colexio.
E a cousa foi de oveiras e panos...
Aquí vos deixamos un vídeo!
29 may 2016
SAÍDA Á BIBLIOTECA E AO MUSEO DE PONTEAREAS
O pasado xoves día 26, o alumnado de 1º, 2º e 3º foi a Ponteareas para visitar o Museo e a Biblioteca Municipal.
Na BIBLIOTECA, visitamos algunhas das salas, onde nos explicaron para que se utilizaban e como se distribuian e colocaban os libros ademais do significado das etiquetas dos mesmos.
No MUSEO todo o que había tiña relación con Ponteareas ou algún concello limítrofe. Fóronnos explicando as distintas etapas históricas e as cousas relevantes de cada unha atopadas na zona. Tamén había fotos de xente destacada nada no Concello ou con relación co mesmo.
Ao finalizar fixemos unha manualidade.
Deixámosvos unha presentación da visita.
ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS
Este pasado xoves día 26, o alumnado de 6º de Primaria visitou o C.E.I.P NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS DE PONTEAREAS. O motivo da visita foi compartir co alumnado dese centro un encontro coa escritora LEDICIA COSTAS.
A actividade consistiu nun encontro con Ledicia Costas onde falou da súa vida, dos seus avós..., contestou as preguntas dos asistentes e asinou os libros que levaban. Unha vez finalizado fixeron unha merenda con pinchos que preparou o comedor do centro e para rematar fixéronlle unha entrevista á escritora que será retransmitida pola radio escolar esta próxima semana.
Deixámosvos unhas fotiños para que vexades:
28 may 2016
VIII SESIÓN DE CONTACONTOS
O curso achégase á súa fin e con el as sesións de Contos para Infantil que se estaban realizando todos os últimos venres de mes.
Este venres o alumnado de 4º de Primaria quixeron facer disfrutar ao alumnado de infantil co conto
"EL PAÍS DE LOS JUGUETES" onde o protagonista era un simpático coello.
"EL PAÍS DE LOS JUGUETES" onde o protagonista era un simpático coello.
Unha vez finalizada a sesión todos levaron un coelliño coma o do conto para a súa casa. ESTABAN ENCANTADOS/AS!!!.
Acó vos deixanos unha pequena presentación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
SAMAGOSTO 23/24
Preparándonos para o Samagosto!!
-
O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA. Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terr...
-
Despedida do curso e do noso Proxecto: A auga é vida Vémonos en setembro. Boas vacacións!!
-
Preparándonos para o Samagosto!!