21 dic. 2010

BIBLIOTECA

ALGUÉN PASOU POLO COLE E DEIXOU LIBROS NOVOS NA BIBLIOTECA. AGÁRDANVOS, PARA QUE Á VOLTA DAS VACACIÓNS DESCUBRADES CANTAS COUSAS INTERESANTES VOS QUEREN CONTAR.





FELICITACIÓN DE NADAL.

E xa está acó, e xa chegou, é a felicitación navideña que fixemos este ano,proposta polo equipo das T.I.C, na que participamos todos e todas versionando algunhas cancións galegas para crear a nosa propia macro panxoliña.
Acó vos queda o vídeo, agardamos que o desfrutedes tanto coma nós facéndoo.

E mañá o festival!!

Click to play this Smilebox greeting

20 dic. 2010

As mestras na Granxa








Pasámolo moi ben na Granxa Kiriko pero non fomos os únicos...

OS EXPLORADORES DE OLIVEIRA

Os nenos e nenas de quinto e sexto visitamos a Granxa Kiriko. Alí fixemos moitos amiguiños: O mapache Fito, a cadela Fiona, a gatiña Ani, ...
Exploramos o bosque buscando pegadas de animais e aprendemos unha chea de cousas.
Tamén participamos nun obradoiro de reciclaxe e noutro de recoñecemento dos sons dos animais.
Á volta enfadámonos un pouco, porque non nos deixaron tomar a merenda no autobús. Que fame!

10 dic. 2010

Onte fomos ó teatro.

Ou máis ben o teatro veu a nós.. ata Oliveira, e puidemos disfrutar coas familias da representación da obra TITIRICIRCUS a cargo da compañía TANXARINA TEATRO.
Gustounos moitíiiiismo.

Acó vos quedan os compoñentes de Tanxarina nunha presentación de " A mellor escola a casa"

4 dic. 2010

Novas


Ola familias,temos unha nova moi chula: por fin as profes de ED.Infantil teñen o
seu propio blog "Cativadas Oliveira" a partires de agora todo o que aconteza nas aulas dos máis cativos(de aí o seu nome) poderémola mirar no seu blog.
Deixade os vosos comentarios para saber si vos gosta, e tamén si queredes ,facédevos seguidores. A dirección é:"cativadasdeoliveira.blogspot.com"

30 nov. 2010

PROXECTO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA - EL BOÑAR

Que pronto se nos pasou esta semana fóra da casa, non o podemos crer!
A verdade é que a experiencia foi increible para todos, esperamos poder repetir pronto.
Deixámosvos as últimas fotos da despedida e da viaxe de volta, disfrutade!

26 nov. 2010

PROXECTO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA - EL BOÑAR

Por fin nos levantamos cunha pequena nevadiña, a verdade é que nun durou moito, tivemos pouquiño tempo para xogar con ela... QUE PENA!!!!
As actividades e xogos que fixemos hoxe estiveron centradros no tema da TERRA.
A media mañá fomos de paseo por EL BOÑAR para mercarvos algúns regaliños e recordos, e así tervos contentos...
Pola tarde tocounos preparar as maletas e deixar todo recollido, menuda experiencia!!
Despois de cear vamos ter a festa de despedida e faremos a nosa actuación estelar, xa vos contaremos.
Vémonos mañá pola tarde, que nervios!!!

25 nov. 2010

PROXECTO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA - EL BOÑAR

A ver se adiviñades a temática que tivemos hoxe........ pois si, a FAUNA.
Pola mañá nos distintos grupos traballamos vocabulario de animais con actividades e xogos, e despois, para comprobar todo o que aprendemos saímos de paseo para ver algúns animais domésticos.
Que sepandes que hoxe foi dos días máis especiais para todos os nenos e nenas porque por fin vimos NEVAR no albergue e para moitos foi a primeira vez, así que nos fixo moita ilusión.
Esperamos que cando nos levantemos mañá estea todo blanco e poidamos saír a xogar un ratiño.
Como tódolos días deixámosvos algunhas fotos!!


24 nov. 2010

PROXECTO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA - EL BOÑAR

Case todo o que fixemos no día de hoxe foron visitas culturais, pero tamén tivemos tempo para xogar nas zonas deportivas despois de comer.
Pola mañá fomos a LA PUEBLA DE LILLO, situado en pleno Parque Rexional dos Picos de Europa, e vimos dous museos nos que se nos explicaban as características, a flora e a fauna dos Picos de Europa. Fíxonos moita ilusión ver a neve tan de cerca!!!
Despois do tempo libre da tarde fomos a ver o MUSEO DA MINERÍA E DA METALURXIA DE LEÓN en Sabero.
Que sepandes que todas as explicacións foron en inglés e que estamos aprendendo un montón de cousas novas!!


23 nov. 2010

PROXECTO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA - EL BOÑAR

O tema de hoxe estivo dedicado á FLORA e os nenos e nenas fixeron un montón de actividades relacionadas con esta temática.
Fomos de paseo polo monte para recoller mostras de flores, plantas, musgo, identificar as árbores do entorno e diferentes xogos para poder traballar o vocabulario relacionado.
Aquí vos deixamos outras pouquiñas fotos para que disfrutendes!!!
ATA MAÑÁ!!!


22 nov. 2010

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA - EL BOÑAR

Por fin estamos en El Boñar (León), no Proxecto de Inmersión Lingüística. Onte antes de chegar estivemos dando un paseo por León, que nos gustou moito. Unha vez no albergue repartíronnos por habitacións cos nenos e nenas do outro cole.

O día de hoxe estivo dedicado á AUGA, saímos de ruta polo monte e fixemos moitas actividades con esta temática.

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o estamos pasando!!

18 nov. 2010

20 de novembro


O día 20 de Novembro de 1989 foi aprobada pola Asemblea da Nacións Unidas, a Declaración sobre os Dereitos do Nen@, desde entón nesta data celébrase o Día Universal da Infancia.
Con esta declaración recoñécese por primeira vez a cidadanía dos nenos e nenas.

Os Dereitos do Neno/a veñen enumerados na seguinte Declaración:
Dereito á igualdade
Dereito á Protección.
Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
Dereito á educación e á atención ao diminuído.
Dereito ao amor dos pais/nais/familia e da sociedade.
Dereito á educación de balde e a xogar.
Dereito a recibir axuda.
Dereito a ser protexido/a contra o abandono e a explotación.
Dereito a medrar en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos..

Mañá día 19 de novembro imos celebrar no colexio este aniversario co visionado de algúns videos. Por unha banda os alumnos e alumnas de infantil e 1º ciclo e pola outra os do 2º e 3º ciclo.



14 nov. 2010

EXPOSICIÓN CABAZAS

Os nenos e nenas do 3ºciclo de E.Primaria estiveron decorando,na clase de Plástica, coa profe MªCarmen,unhas "Cabazas",o resultado foi espectacular!! Cociñeiros,serpes,casiñas,etc.
É realmente increíble ver a capacidade dos nenos e nenas para transformar as cabazas en auténticas obras de arte.
Mirade a exposición que,con todas,elas fixeron.


Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox

10 nov. 2010

SEMENTANDO E TRANSPLANTANDO

O pasado venres día 5 ademais de celebrar o Magosto, os nenos e nenas de Infantil de 5 anos, 1º e 2º fixeron de xardineiros plantando e transplantando as sementiñas e as pequenas árbores que nos enviaron dende NICKOLÓGICO para así poder traballar sobre a importancia das plantas, e do coidado do Medio Ambiente.

Pasámolo bárbaro, acó vos queda unha pequena presentacion para que vexades os bos xardineiros/as que somos.


O magosto de Oliveira

O venres 5 de novembro celebramos o magosto en Oliveira. Fixemos un lume, comemos castañas e pintamos a cara.
Que divertido!

5 nov. 2010

O noso mural

Este curso estamos facendo un mural no que participamos todos os nenos, nenas e mestras do cole.Nesta ocasión decorámolo con magos e meigas que fixeron na casa coa súa familia.


HALLOWEEN

Aquí vos deixamos as fotos da exposición de cabazas de HALLOWEEN que trouxeron os nenos e nenas ó colexio.
Quedaron moi chulas!!!!

Excursión a Indiana Bill!!!Un día xenial para todos os rapaces e rapazas do cole;
sobretodo para os máis pequenos xa que era a súa primeira excursión cos seus novos amigos e amigas.....é o mellor: sen" papá e mamá".
Pasámolo moi pero que moi ben.
Ollade as fotos e o album recordo e veredes as caras de ledicia que tiñan cando estabán no autobus,na merenda e sobretodo nas boliñas de cores...
Tamén as profes xogaron moito.
Ata a próxima!!!!


4 nov. 2010

Os nenos de E.Infantil teñen a súa 1ª excursión.

Aquí tedes un recordo do ben que o pasaron os nenos o día da excursión.



Click to play this Smilebox photo album
Create your own photo album - Powered by Smilebox