O día 20 de Novembro de 1989 foi aprobada pola Asemblea da Nacións Unidas, a Declaración sobre os Dereitos do Nen@, desde entón nesta data celébrase o Día Universal da Infancia.
Con esta declaración recoñécese por primeira vez a cidadanía dos nenos e nenas.
Os Dereitos do Neno/a veñen enumerados na seguinte Declaración:
Dereito á igualdade
Dereito á Protección.
Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
Dereito á educación e á atención ao diminuído.
Dereito ao amor dos pais/nais/familia e da sociedade.
Dereito á educación de balde e a xogar.
Dereito a recibir axuda.
Dereito a ser protexido/a contra o abandono e a explotación.
Dereito a medrar en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos..
Mañá día 19 de novembro imos celebrar no colexio este aniversario co visionado de algúns videos. Por unha banda os alumnos e alumnas de infantil e 1º ciclo e pola outra os do 2º e 3º ciclo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario