Hoxe os nenos e nenas da clase de 2º estivemos recordando todo o que sabiamos sobre o Outono.. ( que como xa sabedes é unha das catro estacións do ano e que comeza co Equinoccio..)
Sairon moitas cousas como:
Que é o tempo da vendima.
Que é o tempo das castañadas ou magosto.
Que é a época da matanza.
E que tamén no outono se celebra o Samaín.
Que hai paxariños que marchan a lugares onde non vai tanto frío, e que voltarán.
E que hai outros que se preparan para durmir durante o inverno.
E que a moitas árbores ( as de folla caduca) cáenlle as súas folliñas, que murchan e cambian a súa cor e o chan é un mosaico de cores : amarelo, laranxa, vermello, marrón...
Mañá imos a ver este video na clase , queremos compartilo con vós:
No hay comentarios:
Publicar un comentario