24 oct 2011

Hoxe conmemórase o día da biblioteca escolar.


Visto en O RECANTO DE MIK

Para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor ou autora galeg@ . Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic ( banda deseñada) , interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.
As bibliotecas escolares están xa inmersas en proxectos e actividades porque, por moi escuro que sexa o futuro, nas nosas bibliotecas non se deixa de soñar.
(De
Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!