19 mar 2013

DÍA DA POESÍA

Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, coincidindo co comezo da primavera. 
Este día celebrouse por primeira vez no 2000, para impulsar a poesía como medio para o respeto e a tolerancia, e como unha homenaxe ás persoas que coa PALABRA intentan MELLORAR O MUNDO.
Tal como declarou Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.
  “Os poetas acompañan os movementos cívicos e atinan tanto a sacudir as conciencias polas inxustizas do mundo como a conmovelas pola súa belleza”.
No CEIP Santiago de Oliveira imos traballar no terceiro trimestre cun  libro de Fran Alonso :

  "O meu gato é un poeta "    

 

E con el, queremos festexar o Día Mundial da Poesía, xa que é un libro moi divertido, que nos mostra como xogar coas palabras.

Nel atopamos un manual moi interesante:

 

MANUAL PARA SER POETA

- INSTRUCIÓNS-  
1)  Un bó poeta leva sempre
libros na maleta.
2)  Cando remates un poema,
escribe outro co mesmo tema.
3)  Nunca escribas de noite, porque non
hai ninguén que te escoite.
4)  Mentres escribes, non mexes.
É preferible que coa poesía pelexes.
5)  Non recites na bicicleta: iso cansa moito
ao poeta.
6) Ao final o que máis importa é
se o que escribes a xente soporta.       
Aquí un vídeo realizado polo autor e os alumnos do CPI Virxe da Saleta: pincha aquí.


Ademais neste día queremos continuar coa nosa autora deste ano  
ROSALÍA DE CASTRO.

            
Mural realizado pol@s alumn@s de Infantil para o día da muller.


  
Aquí o poema da poetisa " Um repoludo gaiteiro",
musicado por Amancio Prada. 

 

Máis recursos na web:

Biblioteca Mestres Goldar : Interesante recucho cheo de recursos clasificados para traballar a poesía na aula. Realizado po CEIP Mestres Goldar de Vigo.
Bibliotecas Escolares de Galicia Propostas para Primaria. 
Leer. es Blogue adicado a lectura
 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!