24 abr 2013

ÍMONOS DE ANDAINA O VENRES 26

O Día da Terra é un día celebrado en moitos países o 22 de abril, para crear unha conciencia común aos problemas da SUPERPOBLACIÓN, a produción de CONTAMINACIÓN, a conservación da BIODIVERSIDADE e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

No Santiago de Oliveira ímonos ir de andaina aos MUÍÑOS DE CELEIROS, para conmemorar este día. Será unha ruta de entre 3 ou 4 Km, onde os nenos levarán unha pequena mochila cun bocata e unha botelliña de auga.
Estaremos todo o día na Natureza!

Aquí deixamos unha marabillosa foto feita hoxe neste muíño

Prontiño máis fotos!!!
Boa fin de semana



No hay comentarios:

Publicar un comentario

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!