Hoxe elexiuse mediante sorteo ó Rei e á Raíña do noso Entroido.
Todo o alumnado subiu ó escenario a presentarse e explicar o seu disfraz.
Despois do sorteo os gañadores, e polo tanto Rei e Raíña do Entroido do cole foron Hugo de sexto curso e Noa Gil de cuarto curso.
Eles serán os encargados de comunicarnos os "mandados" do Meco.
Acó vos quedan unhas poucas fotos do evento. E parabéns á parella gañadora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario