25 abr. 2017

Encontro con Fina Casalderrey.

Hoxe os nenos e nenas das clases de e de fomos ó colexio Nosa Señora dos Remedios, para ter un encontro coa escritora Fina Casalderrey xunto coas aulas de primeiro dese centro.
Falounos do libro " O segredo de Zoe" que limos todos. Ademais asinounos a cada un o noso libro para que tivesemos un bo recordo deste día.
Despois do encontro tivemos un tempo de convivencia cos nenos de 1º para xogar divertirnos e merendar.

Moitas grazas á Fina por compartir esta mañá con nós e a Susana Lamela , mestra, escritora e que estudou no noso colexio, que foi a que deu lugar a que se producise este encontro.
Foi moi interesante e divertido, gustounos moito!!!!

Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos.
  

1 comentario:

  1. Moi boa experiencia para os nenos, fomentar a lectura e moi importante e enriquecedor. Gracias a Susana Lamela por esta iniciativa.

    ResponderEliminar