5 feb 2010

COMO TRABALLAMOS PARA O ENTROIDO

Este é o video e presentación do que estamos preparando para o noso Entroido.
A primeira obra creada por parte do equipo das TICs e coa participación de todo o cole.


Adiviñades
de que se trata?

2 comentarios:

  1. Que ben adiviñei que ides das catro estacións a que si? Parabéns polo video, un excelente traballo.

    Aquí no Ceip Barrié de la Maza en Santa Comba anda unha meiga, a meiga Uxia, a facer conxuros para que veña o mundo celta en vivo e en directo ao noso cole. Seica que quere que veñan tod@s: a raiña das fadas Mab, a fada dos soños, trasnos, meigas e bruxos, poboadores dos castros e un exercito de guerreiros celtas para defendelos a tod@s.

    O que non sei é se os seus conxuros traeran bo tempo.

    Tamén estamos a rescatar a tradición do burro, xogamos a metelo burro.

    Este mesmo burro é o que nos vai decindo a prenda que temos que traer durante esta semana e ver quen ven máis ridículo.

    Podedes ver todo no blog de Contadora de Soños.

    Bicos a moreas e a seguir traballando así de ben.

    ResponderEliminar
  2. Ola! Somos as alumnas e alumnos de E.I. do CEIP Marquesa do pazo da Mercé das Neves. Vimos o voso vídeo e as fotos e gustáronnos moito, custounos un pouco adiviñar de que eran os vosos disfraces pero ao final pensamos que das Estacións do ano, e acertamos!!! Moitas grazas por compartilo

    ResponderEliminar

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!