O venres día 5 de Febreiro, eliximos ao Rei e a Raíña do Antroido 2010. Tódolos nenos e os mestres viñemos disfrazados xa que, tamén se elixiron a dous paxes reais de infantil e a un asesor real que era un mestr@. Como os disfraces eran todos moi bos e orixinais, tivemos un desfile e depositamos unha papeleta (co nome, disfraz e curso) nunha caixa. Os nenos nunha caixa para elixir Rei e as nenas noutra pra eleixir a Raiña. Logo unhas mans inocentes elixiron aos paxes reais que este ano foron: Victoria de cinco anos (á dereita do rei) e Rubén (á esquerda da Raíña).
Pero quen son o Rei e a Raíña? Pois despois de gran expectación saíron elixidos Diego de 6º e Lucía de 2º. Por último como Asesora Real foi elixida a profe Montse (no centro da imaxe).
Aquí vos deixamos unha foto para que os coñezades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario