
Estes días as clases de 1º e 2º de Primaria estamos traballando sobre o artista contemporáneo estadounidense KEITH HARING
Estivemos investigando un pouco sobre el e observando moitas das súas obras, e iso que ten moitísimas creacións...
Hoxe nos "deberes" temos que crear unha historia a partir dun dos seus debuxos.
Acó vos queda un par de pequenos vídeos cunha pequena parte da súa obra, que vimos hoxe na clase de 2º.
Ola,oliña....pero que sorte tedes!!xa sabedes que a min encántame todo o relacionado coa Arte.
ResponderEliminarMírade unha curiosidade:Tiven a ocasión e a inmensa sorte (xa veredes por qué)no mes de decembro (creo que no ano 2005) de estar de mini-vacacións en Madrid, fomos visitar a Fundación Canal de Isabel II un sitio muy interesante.Teñen un sitio onde fan exposicións e ali estaban expostas obras de Keith Haring....preciosas,un colorido espectacular,figuras moi sinxelas pero que impactan pola cor e pola disposición no espacio en definitiva:encantarame.
Mercaramos unhas láminas (de imitación) pero non me quedéi con ningunha por que as regaléi....que pena!! por que si tivese algunha as levaba ó cole para que as tivesedes na clase unha tempada,jejeje.Qué casualidade verdade?Biquños Elisa
Esquécerame dunha cousa: visitade esta páxina tan super chula:http://www.haringkids.com .
ResponderEliminarA min si que me gostaría un debuxiño feito por vos de Haring :)
Oliñas profe Elisa, si coñecemos a páxina de Haring para nen@s, de feito os deberes desta fin de semana son unha actividade desa páxina, na que teñen que inventar unha historia a partir dunha das súas creacións. A ver que historias tan orixinais son capaces de crear coa axuda das familias.
ResponderEliminarE temos nas nosas aulas debuxos versionados por nós de Haring, tedes que vir un día e ensinámmosvolos!!!