4 nov 2011

COÑECENDO A KEITH HARING NO 1º CICLO




Estes días as clases de 1º e 2º de Primaria estamos traballando sobre o artista contemporáneo estadounidense
KEITH HARING


Estivemos investigando un pouco sobre el e observando moitas das súas obras, e iso que ten moitísimas creacións...


Hoxe nos "deberes" temos que crear unha historia a partir dun dos seus debuxos.

Acó vos queda un par de pequenos vídeos cunha pequena parte da súa obra, que vimos hoxe na clase de 2º.






Acó vos queda un link con máis información de actividades feitas na clase de 1º.

3 comentarios:

  1. Ola,oliña....pero que sorte tedes!!xa sabedes que a min encántame todo o relacionado coa Arte.
    Mírade unha curiosidade:Tiven a ocasión e a inmensa sorte (xa veredes por qué)no mes de decembro (creo que no ano 2005) de estar de mini-vacacións en Madrid, fomos visitar a Fundación Canal de Isabel II un sitio muy interesante.Teñen un sitio onde fan exposicións e ali estaban expostas obras de Keith Haring....preciosas,un colorido espectacular,figuras moi sinxelas pero que impactan pola cor e pola disposición no espacio en definitiva:encantarame.
    Mercaramos unhas láminas (de imitación) pero non me quedéi con ningunha por que as regaléi....que pena!! por que si tivese algunha as levaba ó cole para que as tivesedes na clase unha tempada,jejeje.Qué casualidade verdade?Biquños Elisa

    ResponderEliminar
  2. Esquécerame dunha cousa: visitade esta páxina tan super chula:http://www.haringkids.com .
    A min si que me gostaría un debuxiño feito por vos de Haring :)

    ResponderEliminar
  3. Oliñas profe Elisa, si coñecemos a páxina de Haring para nen@s, de feito os deberes desta fin de semana son unha actividade desa páxina, na que teñen que inventar unha historia a partir dunha das súas creacións. A ver que historias tan orixinais son capaces de crear coa axuda das familias.

    E temos nas nosas aulas debuxos versionados por nós de Haring, tedes que vir un día e ensinámmosvolos!!!

    ResponderEliminar

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!