21 dic 2009

CHEGA O NADAL AO COLEXIO

Ao cole chega o Nadal e todos e todas traballamos para decorar as aulas e facer manualidades moi fermosas.

Aquí xa tedes algúns exemplos do que se foi facendo.

Tampouco faltou a árbore de nadal que tanto nos gusta, vede aquí os nenos de 3 anos coa súa.




O Belén tamén ten o seu posto no noso colexio. Na entrada está onde todos podemos velo. Fixémolo entre todos con moita ledicia.


Pero sabedes, as nosas familias tamén botaron unha man para decorar o colexio con adornos do nadal. Tiñan que axudarnos a adornar unhas bolas e mirade, mirade que bolas fermosas xuntamos.





20 dic 2009

OS RENOS RUDOLPH







Aquí temos aos nenos de Primeiro cos seus cornos do reno Rudolph que fixemos nunha das sesións de Inglés.
Na sesión previa escoitamos un conto de Papá Noel e o seu reno Rudolph que lles gustou moito, e como complemento para esta actividade fixemos esta manualidade tan divertida.
Verdade que quedaron guapos?

11 dic 2009

EXCURSIÓN A VIGO

O mércores foron os nenos de 4 anos, 5 anos, 1º e 2º de primaria de excursión a Vigo. Visitaron nin máis nin menos ca un MUSEO. Para ser máis precisos, o Museo do Marco. Alí viron moitas cousas e din que tamén aprenderon moito.


Aquí tedes uns enlaces de interese:

A foto do MUSEO.

A PÁXINA WEB do museo.

En breve tamén se publicarán aquí algunhas das fotos que sacamos.

9 dic 2009

COMEZA A NOVA ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA


OLIREI ten novidades para vós. Trátase da actividade

O CLUB DA LECTURA

Pinchando sobre a imaxe podedes ver o que vos ten que dicir.

Asegúrovos que é moi importante.


SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!