A última semana antes das vacacións tivemos moitas sorpresas. O luns visitounos a Apalpadora con moitas cancións e boa enerxía. O xoves visitounos Papá Noel e o Rei Mago e tivemos unha gran merendola. E xa de despedida fomos ó cine a ver Frozen II.
Deixámosvos un vídeo e o desexo de que pasedes Boas Festas!
Un ano máis participamos no cross escolar nas instalacións do Centro Cultural de Guláns os días 4 e 5 de decembro. Este ano como novidade participou tamén o alumnado de terceiro e cuarto de primaria. A experiencia foi moi positiva pois todos remataron a carreira chegando incluso nos primeiros postos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do evento.