Xa rematou o Entroido 2018. Tivemos días de moita creatividade nas aulas, días para investigar sobre temas do Entroido e sobre os pintores do noso proxecto. Pasámolo moi ben confeccionando os disfraces, bailando e rindo moito. Deixámosvos unha mostra do desfile do venres pasado.
Coma cada 30 de xaneiro dende hai xa cincuenta e catro anos, persoas de todo o mundo unímonos para conmemorar o "Día Internacional da Paz e a Non Violencia".
Dende o noso colexio, queremos compartir os momentos da celebración e a mensaxe que nos deixaron os nenos e nenas de Oliveira: "Facede deste día todos os días da vosa vida".