Coma tódolos anos, participamos na Xornada Multimedia de Comunicación Interescolar que organiza a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! Este ano celebrouse a XVIII edición co lema "Ponte... a contar!" e os alumnos e alumnas de 6º curso participamos cunha lenda do concello de Ponteareas: "A serpe do castro de Troña". Podedes escoitala xunto co resto de traballos aqui:
http://pontenasondas.org/es/ediciones/xviii-edicion-pno-es
Ata outra!
21 jun 2012
14 jun 2012
A nosa primeira stop motion
Os nenos e nenas da clase de 1º levamos varios días coa idea de facer unha stop motion , despois de ver algunhas que nos gustaron moito.
Levamos algúns días dándolle voltas á plastilina e pensando que podíamos facer, fixemos serpes longuísimas, rios, pontes... e ó final isto é o que saiu..
E a nosa primeira creación, aínda que hai que recoñecer que non temos moita paciencia, agardamos que vos guste...
Titúlase: As serpes de primeiro...
7 jun 2012
Excursión a Dinosaurios Park
Hoxe os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º
fomos de excursión ata Praia América a ver a exposición de
Dinosauros Park.
A verdade é que foi moi interesante e
ademais impresionounos moito, pasámolo moi ben.
E despois merendamos a pé de praia e
ata estivemos xogando un anaco na area.
Pasámolo xenial! Acó vos quedan unhas
pouquiñas fotos do día de hoxe.
5 jun 2012
Mediación.
Hoxe, organizado pola comisión de Convivencia do cole, tivemos unha pequena sesión de "vídeo-forum" cos nenos e nenas da clase de 6º para falar sobre a figura do mediador/mediadora .
Este pequeno vídeo preséntanos unha serie de palabras clave á hora de falar de MEDIACIÓN
E un pequeno rap que elaboraron dende un instituto onde nos explican a importancia da MEDIACIÓN :
E acó vos queda un vídeo en clave de humor que fixo o alumnado do IES FIN DO CAMIÑO en Fisterra que sen dúbida foi o que máis lles gustou...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
A AUGA É VIDA
Despedida do curso e do noso Proxecto: A auga é vida Vémonos en setembro. Boas vacacións!!
-
Despedida do curso e do noso Proxecto: A auga é vida Vémonos en setembro. Boas vacacións!!
-
Como sabedes este ano o día das letras galegas está adicado ó poeta LOIS PEREIRO Acó vos queda un pequeno vídeo sobre a súa vida elaborado p...
-
O pasado venres, 4 de novembro, celebramos no cole a festa do Samagosto con moitas actividades nas que se implicou toda a comunidade educati...