23 feb 2015

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA.



Hoxe 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía xa que naceu o 24 de febreiro do ano 1837.

  É unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares galegos. (Galipedia)


  Rosalía de Castro é unha figura indispensábel na literatura do século XIX. Os estudos sobre literatura feminina de épocas pasadas inclúena entre as grandes escritoras, das que destacaremos Concepción Arenal, Carolina Coronado, Gertrudis Gómez de Avellaneda e Emilia Pardo Bazán. ( Bibilioteca Virtual Miguel de Cervantes)





Acó queda unha pequena ESCOLMA de actividades relacionadas co día de hoxe.

10 feb 2015

AS RECEITAS DO ENTROIDO

Os nenos e nenas de 3º e 4º aportaron cada un deles unha  receita relacionada co Entroido.
 Fixemos unha compilación ben chula para facer un libriño que vai a quedar na biblioteca do noso centro. Pero se non podedes agardar a velo na biblioteca, acó vos queda un ISSUU con todas as receitas escaneadas.   E agora a desfrutar destas receitas saborosas !!!

2 feb 2015

A CANDELORIA: O DÍA NO QUE CASAN OS PAXARIÑOS.

O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA.  Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terra.

En Galicia, a data da Candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. 
Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.  

 Imaxe do blogue Dálle un coliño






Refráns relacionados:
Pola Candeloria, se chove e venta, inverno entra;
 se ri e plora, inverno fóra.

"Se a Candeloria chora, o inverno vai fora. 
Se ri, o inverno quere vir"

A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.




SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!