31 ene 2016

IV SESIÓN DE CONTACONTOS

Como todos os últimos venres de mes, no recreo xuntamos ao alumnado de infantil para escoitar un conto na BIBLIOTECA.

Esta vez foi parte do alumnado de quinto o que fixo gozar aos nenos e nenas de infantil, cunha adaptación do conto EU NON FUN.

A continuación deixámosvos unha breve presentación.

      

30 ene 2016

Celebrando o día da PAZ.

Onte no cole fixemos unha celebración conxunta para conmemorar o día PAZ .
Ademais do traballo realizado a nivel de aula, estivemos toda a semana escoitando a canción "APERTAS QUE VOAN" de Paco Nogueiras para poder cantala onte todos xuntos no patio.
                           

O alumnado de ED. Infantil formou a palabra PAZ e o resto simbolizamos o arco da vella coas súas cores no chan do patio.
Cada alumna/o levaba un globo no que escribira unha palabra relacionada coa paz.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos do evento de onte:

              

15 ene 2016

Hoxe visitounos Paco Nogueiras!!!

A semana pasada xa comentamos nun artigo do blogue  que hoxe ía visitarnos Paco Nogueiras, tivemos unha sesión moi interesante e divertida con el os nenos e nenas de ED. Infantil e 1º de Primaria.

Falounos especialmente do libro CANTAROLAS aínda que tamén nos ensinou outros libros moi interesantes.

Cantamos, recitamos e pasámolo xenial. Foi moi  moi  divertido!!! 

Acó vos quedan unhas poucas fotos da sesión que compartiu  hoxe con nós:

8 ene 2016

A semana que vén visitarnos Paco Nogueiras.

A semana que vén vainos visitar Paco Nogueiras.

A súa visita vaise centrar un pouco en falarnos do libro-disco CANTAROLAS  , homenaxe ó autor recentemente falecido Xosé Neira Vilas.
Unha colaboración de Anisia Miranda e de Xosé Neira Vilas.
Ademais ista nova edición está ilustrada por Leandro Lamas.  Acó tedes un artigo relacionado co libro.

Se queredes máis información, na páxina da Fundación Xosé Neira Vilas. 


3 ene 2016

III SESIÓN DE CONTACONTOS

No mes de decembro coincidindo co final de trimestre realizouse a III SESIÓN DE CONTACONTOS PARA INFANTIL

Esta vez correu a cargo do alumnado de 6º curso que realizou a súa versión do conto A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.

A continuación deixámosvos unha breve presentación da sesión.

 

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!