23 jun 2010

FESTIVAL FIN DE CURSO

O venres 18 de xuño celebramos no colexio o noso festival para despedir o curso. Cantamos bailamos e incluso fixemos algo de máxia. Pero antes de comezar coas actuacións entregáronse as orlas aos nenos e nenas de 5 anos, porque remataron a etapa de Educación Infantil.

Mirade como presumen coa súa orla:




Tamén se lle deu a orla aos de 6º de primaria, porque acabaron a etapa de Educación Primaria e vanse para o Instituto. Desexámoslles que todo lles saia ben, e sobre todo que traballen moito para teren boas notas.

Aquí está tamén a súa foto:



E tamén se fixo entrega dos premios do concurso literario. Vede que contentas:




Agora si que van as fotos das actuacións. A ver que ben saimos.



XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

O luns 14 de xuño participamos todo o cole unha xornada de xogos populares e tradicionais. Fixemos carreiras de sacos e da culler. Xogamos ás canicas, ás chapas, ós bolos, á petanca e á corda.

11 jun 2010

Ponte..nas ondas! 2010


Ola amig@s! Xa podedes escoitar on-line o programa de radio co que o noso cole participou na XVI edición de Ponte... nas ondas! Este ano o tema foi "O tesouro dos avós". No noso programa queremos mostrarvos ditos, refráns, xogos e cantos populares que nos transmitiron os nosos avós e avoas.
Podedes escoitar tódolos traballos dos coles participantes no seguinte enlace:

http://tv.uvigo.es/gl/serial/709.html



Páxina oficial de Ponte... nas ondas!

http://pontenasondas.org/

EVACUACIÓN DE EMERXENCIA

Nos próximos días imos facer no centro un simulacro de evacuación de emerxencia. Estamos a preparar todo para que todos e todas saibamos que facer se xurde un incendio no cole, por onde saír, como comportarnos, etc.

E aquí quedanos un video sobre a evacuación en centros educativos.


EXPOSICIÓN ELECTRÓNICA DE 6º

No curso de sexto fixemos uns traballos de electrónica. E este foi o resultado.


Para facer este muíño ......

......necesítanse os seguintes materiais:

- Un tubo de cartón

- Cartolina (se pode ser vermella ou laranxa)

- Táboa de madeira

- Motor eléctrico

- Pila (grande cadrada)

- Bombilla pequena

- Aspa de madeira

- Cable

- Interruptor

- Portalámpadas

E así se fai:

1. - Unión do cable aos dous polos da pila

2. - O cable vai do polo positivo ao interruptor

3. - Continuamos ata o motor con un dos cables.

4. - Seguimos do motor á bombilla que está posta no portalámpadas.

5. - O cable do polo positivo vai da pila ao portalámpadas

6. - Unes o cilindro de cartón a un cono feito coa cartulina

7. - Colocas no motor a aspa de madeira.

8. - Pos o motor no cilindro.

9. - A bombilla pola na outra cara do cilindro respecto ao motor

10. - Pegas o circuito e o cilindro con cola forte á táboa de madeira.

(Traballo presentado por Martín)

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!