22 mar 2013

22 DE MARZO
DÍA MUNDIAL DA AUGA

Este día é unha ocasión para recordar a importancia que ten a auga non salgada para as nosas vidas, xa que ás veces non lle damos a importancia que merece, e esquecemos a aquelas persoas que non poden ter a auga potable suficiente para a a
súa superviviencia.

 

21 mar 2013

Seguimos traballando a Kandinsky no 1º ciclo

As nenas e nenos do 1º ciclo seguimos a traballar sobre Kandinsky, desta volta fixemos unha creación comunitaria!!!! Seguimos aprendendo cousas sobre Kandinsky, sobre o seu país de orixe: Rusia.

Cada un fixo un anaco desta obra de KANDINSKY E acó vos queda unha foto co resultado final....  

 Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso de creación.

SON TOD@S UNS ARTISTAS

20 mar 2013

COMEZOU A PRIMAVERA

"Este ano 2013 a primavera adiántase un día"

Hoxe, día 20 de marzo as 12 da mañá comeza a PRIMAVERA. A primavera comeza cando o sol cruza o ecuador celeste (aquel que se ve dende o espacio), no seu movemento cara o norte.
Cando isto sucede a duración da noite e do día coinciden, e por iso chámaselle
 EQUINOCCIO DE PRIMAVERA.
Neste momento no hemisferio sur da terra comeza o outono.

Máis información:



19 mar 2013

DÍA DA POESÍA

Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, coincidindo co comezo da primavera. 
Este día celebrouse por primeira vez no 2000, para impulsar a poesía como medio para o respeto e a tolerancia, e como unha homenaxe ás persoas que coa PALABRA intentan MELLORAR O MUNDO.
Tal como declarou Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.
  “Os poetas acompañan os movementos cívicos e atinan tanto a sacudir as conciencias polas inxustizas do mundo como a conmovelas pola súa belleza”.
No CEIP Santiago de Oliveira imos traballar no terceiro trimestre cun  libro de Fran Alonso :

  "O meu gato é un poeta "    

 

E con el, queremos festexar o Día Mundial da Poesía, xa que é un libro moi divertido, que nos mostra como xogar coas palabras.

Nel atopamos un manual moi interesante:

 

MANUAL PARA SER POETA

- INSTRUCIÓNS-  
1)  Un bó poeta leva sempre
libros na maleta.
2)  Cando remates un poema,
escribe outro co mesmo tema.
3)  Nunca escribas de noite, porque non
hai ninguén que te escoite.
4)  Mentres escribes, non mexes.
É preferible que coa poesía pelexes.
5)  Non recites na bicicleta: iso cansa moito
ao poeta.
6) Ao final o que máis importa é
se o que escribes a xente soporta.       
Aquí un vídeo realizado polo autor e os alumnos do CPI Virxe da Saleta: pincha aquí.


Ademais neste día queremos continuar coa nosa autora deste ano  
ROSALÍA DE CASTRO.

            
Mural realizado pol@s alumn@s de Infantil para o día da muller.


  
Aquí o poema da poetisa " Um repoludo gaiteiro",
musicado por Amancio Prada. 

 

Máis recursos na web:

Biblioteca Mestres Goldar : Interesante recucho cheo de recursos clasificados para traballar a poesía na aula. Realizado po CEIP Mestres Goldar de Vigo.
Bibliotecas Escolares de Galicia Propostas para Primaria. 
Leer. es Blogue adicado a lectura
 

 



DIA DO PAI 2013

Día do pai 2013

 

Como todos os anos no CEIP Oliveira queremos celebrar un día adicado aos nosos pais, avós, tíos, ...ou calquera figura masculina que teñamos por referencia. Traballamos moito para ser orixinais e darlle unha sorpresa chea de agarimo.

Aquí tendes un vídeo do noso traballo 


 

17 mar 2013

Traballando a Kandinsky no primeiro ciclo.

Estas dúas semanas previas ás vacacións, os nenos e nenas do primeiro ciclo estamos traballando conxuntamente sobre Kandinsky.. fixemos xa dúas sesións conxuntas, nas que vimos obras súas, e aprendimos un pouquiño sobre el, onde naceu, onde viviu, que estudou.. E para a semana faremos as nosas propias creacións.. e tamén as nosas versións dalgunha das súas obras. Acó vos queda un dos vídeos que miramos e que nos gustou moito. E que ten moito ritmo..
E acó vos quedan unhas pouquiñas fotos .. nas que se ve o moito que traballamos.
Seguiremos informando... ( iste mesmo artigo podedes atopalo no blogue da aula de

9 mar 2013

Excursión ó museo MARCO e obra de teatro.

O pasado martes día 5 os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fomos de excursión a VIGO.

Comezamos o día cunha obra de teatro nas dependencias de NOVACAIXAGALICIA  , que era en inglés! Estivemos atentísim@s
E despois de merendar adentrámonos na exposición BALEA NEGRA

A BALEA NEGRA é un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra. ( texto tirado da páxina web do MARCO.)

 A exposición encantounos. E explicáronnola moi ben.


Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos:

5 mar 2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8 DE MARZO

http://www.blogoteca.com/somosdafraga/

Dende o CEIP Santiago de Oliveira queremos conmemorar este día tan importante para as mulleres, xa que nos recorda o traballo de moitas mulleres para acadar a igualdade cos homes na sociedade.

Celébrouse por primeira vez no ano 1911, hai 102 anos, e é preciso recordalo cada ano para que nunca esquezamos que TODOS SOMOS IGUAIS.


Imos traballar moitísmo dende convivencia, actividades extraescolares, biblioteca e normalización linguística:


Os rapaces e rapazas de Infantil van adicarse a figura de Rosalía de Castro, poetísa e novelista moi importante  na nosa cultura galega. Enchererán a súa silueta de fotiños de mulleres, recortes de revistas, xornais,...

 VAN FACER UNHA OBRA DE ARTE!!


        Ademáis non podemos esquecer  que o 24 de febreiro foi o seu día ( xa que hai 176 anos que naceu e   hai 150 anos que publicou " Cantares Gallegos")


Os rapaces e rapazas do 1ºciclo de primaria van levar a cabo o proxecto "A muller máis importante da miña vida". Para levalo a cabo terán que facer un debuxo da muller escollida ou traer unha fotiño, e despois....deixar sair @ escritor/a que levan dentro, e escribir sobre a muller da súa vida.

XA TEMOS MOITAS GANAS DE LER ESAS REDACCIÓNS !!

Imaxe modificada de http://www.aebarbiana.org/
Os rapaces e rapazas do 2º ciclo investigarán sobre as mulleres pioneiras da historia, as primeiras en facer o que se chamaban "traballos de homes".

QUE NOS ENSINARÁN!! SEGURO QUE ATOPAN COUSAS INTERESANTES!!

Imaxe de http://www.fundacionmujeres.es

Os rapaces e rapazas do 3º ciclo traballarán sobre personaxes femininas relevantes da historia...pero non nos contan moito máis...teremos que investigar...


Aquí tendes unha chea de recursos para traballar a coeducación.

 Animádevos a ollalos!!


Actividades tic e recursos didácticos de primaria elaboradas por mestras e mestres do Claustro do CEIP SAN WALABONSO de Niebla (Huelva) para traballar a educación en valores:

WEBQUEST: Mulleres na historia de Galicia, do Ceip Milladoiro- Malpica.

WEBQUESTSiguiendo el rastro de las mujeres elaborada por Irene González Mendizábal:



 

CAZA DO TESOURO: Una mujer, un voto. Ceip San Walabonso  







 
  CAZA DO TESOURO: Zenobia Camprubí, una mujer trabajadora. Coeducación e igualdade de xéneros, para 2º e 3º ciclo de Primaria






Contos








Webquest (1º ciclo de Primaria):



Libros coeducativos



        Ligazóns de interese:



Agradecementos a: /biblogcaniza.blogspot.com.es e/www.blogoteca.com/orecantodemik

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!