24 abr 2019

Xornada de convivencia Erasmus +

Como centro receptor dun  grupo de mestras/es que veñen dende Romanía a través dunha beca  Erasmus + de mobilidade escolar,
hoxe tivemos unha bonita xornada de convivencia ( a primeira, teremos máis)
Coñeceron o cole, presentáronse ao alumnado, participaron nunha clase de Inglés e moitas cousas máis.
Ollade  


10 abr 2019

EXPO XOGO

Despois de moito traballo sobre o proxecto XOGAMOS durante todo o curso,  por fin chegou o día de mostralo ao resto de compañeir@s polo que decidimos celebrar a EXPO DO XOGO.

A través desta actividade cada clase explicáballe ao resto o aprendido e traballado sobre o xogo ou xoguete elexido.

Aínda que o tempo non nos acompañou todo o que tiñamos pensado ao final pasaron unha mañá moi entretenida e aprenderon moitas cousas novas.

Deixámosvos unha pequena mostra!

 

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!