24 feb 2020

🎭FESTA ENTROIDO🎭

O venres finalizou o Entroido no colexio cunha gran festa na que non faltou nada.
Comezamos co desfile onde cada aula mostrou os seus disfraces acompañando con música e baile. A continuación degustamos os postres que as familias trouxeron e finalmente xogamos e bailamos.
O alumnado de 6º fixo o sorteo de dúas cestas para colaborar coa excursión de fin de curso.
Pasámolo xenial!!!

 Deixámosvos un resumo da xornada e a disfrutar do ENTROIDO!!🎭


16 feb 2020

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR NO CPI A CAÑIZA

O xoves día 13 de febreiro tivemos unha xornada de baloncesto e fútbol-sala. O alumnado de quinto e sexto de primaria participou nun encontro dentro do calendario de ADECONPAR no cole da Cañiza. Deixámosvos unha pequena mostra




14 feb 2020

MANDADOS DA MECA 2020!!

O luns 17 de febreiro comezamos a troula!! Seguide con atención as instrucións da Meca!!














COMEZA O NOSO ENTROIDO!!


Hoxe comezou o Entroido no cole. Este ano (seguindo co proxecto) está adicado ás Mulleres Galegas.  Decidimos inicialo no patio co día do disfraz libre, onde cada un trouxo as súas mellores galas.




















A continuación celebrouse un CONCURSO DE CARTEIS, no que o alumnado demostrou as súas habilidades creativas e imaxinativas. Cada alumn@ votou aquel que máis lle gustou e obtivemos un gañador.











A continuación deixamos o cartel gañador e unha mostra dos demais traballos. 

ALUMNOS/AS DE 3º de Primaria


Parabéns a tod@s, sodes uns artistas!!













SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!