O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA. Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terra.
En Galicia, a data da Candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza.
Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.

Imaxe do blogue Dálle un coliño
Refráns relacionados:
Pola Candeloria, se chove e venta, inverno entra;
se ri e plora, inverno fóra.
"Se a Candeloria chora, o inverno vai fora.
Se ri, o inverno quere vir"
A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.