Despois dun trimestre cheo de traballo e diversión. Agora é o momento de descansar e pasalo ben, sen esquecer as tarefas que teñamos pendentes. Dende o colexio desexámosvos BO NADAL e FELIZ ANO 2012
A clase de 4º de Primaria estivo escribindo unha carta a uns novos amigos moi especiais, unha clase de Tucson en Arizona (EE.UU.). Esperamos ter pronto novas deles, xa vos teremos informados. Estas foron as fotos que lles enviamos para que nos coñezan.