17 oct 2019

CONCERTO BANDA XUVENIL DE XINZO

Onte o alumnado de 4 e 5 anos e 1º e 2º de primaria visitaron o auditorio Reveriano Soutullo para coñecer a Banda de Música Xuvenil de Xinzo.
A través da representación dun coñecido programa de televisión deron a coñecer os distintos  instrumentos que compoñen a banda.
O alumnado disfrutou moito e nunca se sabe se algún día formarán parte desa fermosa banda.










5 oct 2019

XORNADAS DE HÓCKEY SOBRE PATÍNS

Esta semana tivemos unhas xornadas de hóckey sobre patíns no colexio. Recibimos a visita de José Álvarez "Portu", impulsor deste deporte en Ponteareas, que nos ensinou cousas moi interesantes. Compartimos un bo rato aprendendo e xogando cunha figura do deporte de elite da nosa vila.

Deixámosvos algunhas fotos.





3 oct 2019

COMEZAMOS DE NOVO!!!!

BENVIDOS AO CURSO 2019-2020.


A partir de hoxe poderedes ir vendo as actividades que imos realizando ao longo do curso.


SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!