16 feb 2010

AQUI ESTÁN OS NOSOS DISFRACES

Con moito esforzo conseguimos acabar os nosos disfraces. Moitos seguramente que adiviñastes sen dúbida de que iamos ir os nenos e nenas de Oliveira.

DAS ESTACIÓNS DO ANO


Acertastes. Vede aquí que guapos fomos ao desfile de Ponteareas.





5 feb 2010

COMO TRABALLAMOS PARA O ENTROIDO

Este é o video e presentación do que estamos preparando para o noso Entroido.
A primeira obra creada por parte do equipo das TICs e coa participación de todo o cole.


Adiviñades
de que se trata?

O REI E A RAIÑA DO ENTROIDO


O venres día 5 de Febreiro, eliximos ao Rei e a Raíña do Antroido 2010. Tódolos nenos e os mestres viñemos disfrazados xa que, tamén se elixiron a dous paxes reais de infantil e a un asesor real que era un mestr@. Como os disfraces eran todos moi bos e orixinais, tivemos un desfile e depositamos unha papeleta (co nome, disfraz e curso) nunha caixa. Os nenos nunha caixa para elixir Rei e as nenas noutra pra eleixir a Raiña. Logo unhas mans inocentes elixiron aos paxes reais que este ano foron: Victoria de cinco anos (á dereita do rei) e Rubén (á esquerda da Raíña).
Pero quen son o Rei e a Raíña? Pois despois de gran expectación saíron elixidos Diego de 6º e Lucía de 2º. Por último como Asesora Real foi elixida a profe Montse (no centro da imaxe).
Aquí vos deixamos unha foto para que os coñezades.


1 feb 2010

O DÍA DA PAZ

Por fin chegou o día, celebramos o día da PAZ no noso colexio. Din que a Paz hai que creala, temos que deixar de pelexar, temos que ser compañeiros e compartir as cousas, e pedimos que non haxa nin fame nin guerra no mundo, para que todos os nenos e nenas crezan rodeados de paz.

Aquí vedes as fotos da nosa celebración.

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!