Chegaron as vacacións e con elas un novo número do noso periódico dixital Coto do Gato. Nel poderedes ver algunhas das cousas que fixemos este curso 2015/16.
Podedes descargalo en formato PDF no seguinte enlace:
A versión pdf está aloxada en Dropbox pero podedes velo/descargalo sen necesidade de rexistrase. Para iso, facede clic no enlace. Sairá unha ventá de diálogo. No fondo da ventá hai que facer clic en: No, gracias, continuar para ver →
Mañá estará dispoñible a versión dixital en formato ISUU para ver on line.
O pasado venres día 10, o alumnado de 5º de Primaria, realizou a última sesión de CONTACONTOS para Infantil durante o recreo.
Nesta ocasión foi a culminación do traballo realizado durante meses a través dun CONTRATO-PROGRAMA para traballar a competencia matematica,titulado "DOBRANDO AS MATES COS CONTOS".
Os contos representados foron "A CASA DA MOSCA CHOSCA", "CADA VEZ MÁIS ALTO" E "O LIBRO DE CONTAR".