28 nov 2022

II CARREIRA pola NON VIOLENCIA

Compartimos este vídeo onde participou todo o alumnado e profesorado sumando KM con motivo do 25N. Conseguimos 43 km que sumados aos do curso pasado fan un TOTAL de 67,61 km. Moitas grazas pola participación. Esperemos que o desfrutedes!!

DI CAPACIDADE 3 decembro 2022




Aquí quedan unha serie de recursos para que entre todas e todos SUMEMOS bicos, abrazos, agarimos... e así poidamos convivir e construír un bo camiño cara a inclusión.

21 nov 2022

SEMANA 25N 2022


Comezamos a semana do 25N, día contra a Violencia de Xénero. Dende o cole unímonos para concienciar a toda a comunidade educativa da importancia da construción da igualdade e da necesidade de previr a violencia en xeral e especialmente, a violencia contra a muller. Durante esta semana o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria levarán a cabo unha lectura de contos ao alumnado máis pequeno do cole sobre esta temática, para rematar o venres sumando KM coa II Carreira pola NON violencia en Oliveira.

17 nov 2022

25 N


O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, participou este curso escolar na novena convocatoria do concurso de imaxes gráficas e pezas audioviduias, con motivo do 25N "Día Internacional contra Violencia de Xenero".
Aquí podedes ver os seus estupendos traballos. Parabéns!!




O que pretendemos transmitir é que a violencia de xénero non é soamente o maltrato..... esta comeza co control, o desprezo, as humillacións ou a invisibilidade das mulleres. Queremos poñer o grito no ceo por todas aquelas mulleres que non o puideron facer: NIN UNHA MENOS!!

11 nov 2022

FESTA SAMAGOSTO 2022

O pasado venres, 4 de novembro, celebramos no cole a festa do Samagosto con moitas actividades nas que se implicou toda a comunidade educativa. Grazas a todos/as pola participación!! Aquí queda un resumo desta celebración:


SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!