28 may 2010

REUNIÓN CLUB DE LECTURA (Xuño)

* MARTES 8 de XUÑO ----- Grupo NARANXA (Biblioteca)
* MÉRCORES 9 DE XUÑO ------ Grupo AZUL (Biblioteca)
* XOVES 10 de XUÑO ---------- Grupo VERDE (Biblioteca)

27 may 2010

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

O 21 de maio celebramos o día das LETRAS GALEGAS cun festival. Aquí vos presentamos unha selección de fotos.

21 may 2010

EXCURSIÓN Á CORUÑA

Aquí vos amosamos algunhas das fotos do que vimos na Coruña. Tivemos un tempo estupendísimos como podedes ver.....e....PASÁMOLO XENIAL.



A CASA DAS CIENCIAS


O ACUARIO



AS FOCAS COMENDO




A QUENLLA GASTON

A TORRE DE HÉRCULES



20 may 2010

Xornada de deporte escolar en Mondariz

O día 13 de maio os nenos e nenas de quinto e sexto curso fomos ao CPI de Mondariz para participar noutra xornada de deporte escolar. Nesta ocasión xogamos a hockey, balonman e futbol-sala.
Teñen un cole moi bonito e tratáronnos moi ben. E ao rematar, invitáronnos a merendar.
Grazas por todo.

12 may 2010



O próximo mércores faremos a excursión de FIN DE CURSO

Iremos A CORUÑA todo o día para visitar: ”A Casa das Ciencias”e o “Acuario Finisterrae “

O prezo de esta saída é de: 15 Euros (Incluído o autobús e as respectivas entradas)

TEÑEN QUE TRAER COMIDA PARA MEDIA MAÑÁ,MEDIODÍA E A TARDE.
Os máis pequenos teñen que vir con roupa cómoda preferiblemente chándal.
Non poden traer bebidas en envase de cristal, os nenos e nenas que se maren sería convinte
que tomasen un chicle de biodramina(en farmacias).

NON ESTÁ PERMITIDO TRAER NINGÚN TIPO DE VIDEOCONSOLAS, TELÉFONOS MÓBILES, MP3 e/ou MP4, CÁMARA DE FOTOS OU CALQUERA TIPO DE APARELLO ELÉCTRICO

HORA APROXIMADA DE REGRESO: ENTRE AS 20:30 E AS 21:00H., OS NEN@S BAIXARÁN NAS PARADAS: BOTAFUMEIRO, GÁNDARA, FÁBRICA, VOLTA, PORTELA, CELEIROS(NA CARIXA), CRUZ DO VALADO, PÍO, UMA (BAR OUTÓN), GUILLADE DE ARRIBA, PORTELA E CUMIAR.


8 may 2010

O MEL DE GALICIA


O martes veu ó cole unha rapaza a explicarnos un montón de cousas sobre o mel galego, os distintos sabores dependendo das frores ou froitos, que utilizan os apicultores para recolectar o mel.. onde viven as abellas...
E ademais agasallounos cun bote de mel, un libriño de xogos e outro libriño de banda deseñada.

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!